HomesociedadeA Fundación Amigos de Galicia comeza a entrega de material escolar en...

A Fundación Amigos de Galicia comeza a entrega de material escolar en Taboada

A Fundación Amigos de Galicia vén de comezar a entrega de mochilas con material escolar para que os menores do municipio de Taboada atendidos pola entidade poidan comezar as clases en igualdade de condicións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As mochilas están compostas por cadernos, lapis, ceras, gomas, compás, regras, material de debuxo para os máis pequenos, dispositivos informáticos (pen drives, etc.), etc; e ademais este ano tamén inclúen máscaras e portamascarillas adaptadas a cada ciclo educativo.

A entrega levouse a cabo no CPI San Tomé do Carballo, por conta de Jesús Busto, Director Xeral de Fundación Amigos de Galicia; Doce Mª Montes Gómez, Concelleira de Educación de Taboada; o director do centro escolar, Alfredo Abraiga, e os socios da Fundación Amigos de Galicia da zona, entre eles Pepe Ramos e Haizam Farid.

“Ao comezo do curso escolar, hai menores que non contan con todo o material escolar que necesitan, por atoparse as súas familias en situación de carencia de recursos económicos. Dado que unha das actuacións principais da Fundación Amigos de Galicia é a cobertura de necesidades básicas das familias en situación de dificultade económica, especialmente daquelas que teñen menores a cargo, a entidade está a levar a cabo a campaña “Nas súas mochilas ou seu futuro”, co obxectivo de poder entregar mochilas con todo o material que os menores necesitan”, asegurou Jesús Busto.

A entidade tamén quixo aproveitar o acto para agradecer a “boa acollida da campaña que estamos a recibir entre a cidadanía galega, non só a través das doazóns de material escolar, senón tamén coas doazóns sen contacto recibidas a través da web; así como de persoas voluntarias que colaboraron nas campañas de sensibilización entre a cidadanía. Cabe destacar que estas entregas de material escolar que a entidade desenvolverá ao longo de todo o mes en diferentes municipios de Galicia para repartir 974 mochilas, son posibles pola colaboración de entidades, empresas e persoas que están a colaborar na campaña “Nas súas mochilas, ou seu futuro”.

Amigos de Galicia traballa contra a fenda dixital

En materia de apoio escolar á infancia, a entidade conta ademais cun programa de dixitalización que xorde como consecuencia do elevado número de solicitudes recibidas por parte de familias galegas con menores a cargo, que non contan cos dispositivos informáticos nin coa conexión a internet que estes necesitan para seguir o curso académico en igualdade de condicións que o resto dos seus compañeiros/ as. Unha situación que pon de manifesto que o déficit dixital concéntrase nos colectivos máis vulnerables da nosa sociedade.

Para colaborar coa campaña establécense varias posibilidades:

  • Doazón sen contacto: Cunha achega económica a través da web da entidade, comprando unha das tres mochilas tipo.
  • Doazón de material escolar novo nalgún dos puntos de recollida habilitados para as doazóns; e que tamén están reflectidos na páxina web da entidade.
  • Voluntariado: Doando tempo e axudando á entidade para preparar as mochilas; así como colaborando nas campañas de sensibilización para que teña o maior alcance posible.
  • Doazón a través de BIZUM: seleccionando facer un donativo e poñendo o código 02735.

ÚLTIMAS

Julio Quiroga: “a oliveira autóctona atopámola este ano con pouca carga e coa oliva moi madura”

O mes de novembro é o mes tradicional de recollida de olivas no sur...

‘Na procura de cogomelos’, nova actividade de Segredos de Pantón

A asociación cultural "Segredos de Pantón" informa da organización dunha actividade consistente nun percorrido...

A Ponte de Cruzul, en Becerreá, dá os pasos para ser declarada BIC

O Ministerio de Cultura iniciou os trámites este xoves para incluír como Ben de...

Dúas instalacións da Ribeira Sacra, premio de fin de grao da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña

Os mellores proxectos defendidos e superados polo alumnado recaeron na súa totalidade en traballos...