HomesociedadeCoñece a túa provincia amosa a Ribeira Sacra á veciñanza de Cospeito...

Coñece a túa provincia amosa a Ribeira Sacra á veciñanza de Cospeito e Lugo

O programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia amosou este xoves a Ribeira Sacra e a zona da Montaña a dous colectivos de Lugo e Cospeito.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Veciños de Coeses Agro Maior, do concello de Lugo, comezou a súa viaxe coñecendo o Pazo de San Marcos e, posteriormente, visitou a aldea do Piornedo e Navia de Suarna. Este xoves tamén foi a quenda da Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño, de Cospeito. A agrupación da parroquia de Muimenta comezou a súa viaxe no Mazo de Santa Comba, de titularidade provincial, para despois descubrir a igrexa de San Facundo de Ribas de Miño, incluída na Ruta Transrománica, e a vila de Portomarín e os seus elementos patrimoniais.

O programa Coñece a túa provincia, incluído no Plan de Impulso de Economía da Provincia de Lugo, beneficiará a máis de 1.200 persoas de 62 asociacións e colectivos lucenses ata o vindeiro 10 de novembro.

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...