Iniciosociedade“Enredando tour R”, un proxecto para salvar ás persoas maiores da fenda...

“Enredando tour R”, un proxecto para salvar ás persoas maiores da fenda dixital

Trátase dunha aula móbil que se instalará a vindeira semana en vilas lucenses para “enredar” persoas maiores no mundo dixital dunha maneira lúdica, ofrecéndolles a degustación dun “menú tecnolóxico” á súa medida. O martes 21 estará en Sarria e o mércores 22 en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A intención principal desta desta acción é minorar o efecto da fenda dixital que tanto lles afecta a unha gran porcentaxe das/dos maiores e a outros  colectivos  vulnerables. Falamos de persoas que, por exemplo, durante o confinamento e nos momentos máis duros da pandemia, non puideron botar man das novas tecnoloxías para completar xestións esenciais como pedir unha cita médica, facer a compra ou realizar unha operación bancaria sen saír da casa.

R e Cruz Vermella, responsables do desenvolvemento desta iniciativa co apoio da Consellería de Política Social, teñen claro que o máis importante é que as persoas maiores lles perdan o medo ás novas tecnoloxías e desenvolvan habelencias básicas que lles permitan avanzar e aprender a navegar por internet, ter unha conta de correo  ou enviar  unha mensaxe.

Nesta misión, persoal voluntario da Cruz Vermella fará non se sintan sós/soas dándolles o apoio dixital que precisen in situ, na aula móbil onde se realizarán as formacións. Como complemento a esta acción formativa creouse a páxina web enredando.gal, onde se pode seguir recibindo asesoramento.

‘MENÚS FORMATIVOS’

O programa desenvólvese, como xa adiantamos, nunha aula móbil con contidos formativos vinculados ás novas tecnoloxías. Unha furgoneta superequipada transporta os smartphones, portátiles, tabletas, altofalantes intelixentes… e todo tipo de accesorios para facilitar ese achegamento á realidade da tecnoloxía máis doméstica e presente en multitude de áreas da nosa vida cotiá.

As persoas que participen poderán fedellar mentres ‘degustan’ un dos catro “menús formativos” que Cruz Vermella e R lles teñen preparado para que elixan o que máis se adapte ás súas necesidades.

As persoas que participen poderán fedellar mentres ‘degustan’ un dos catro “menús formativos”

En función deses menús, en horario de 10:00 h a 14:00 h, impartiranse nas vilas escollidas 8 talleres (2 por menú) de 45 minutos cada un. Ao ser en espazo exterior instalaranse unhas carpas para o desenvolvemento da actividade e cumpriranse escrupulosamente as esixencias sanitarias e medidas anti  COVID-19 para garantir a seguridade de todo o mundo e en todo momento.

Moza con móbil.

OS MENÚS DE “ENREDANDO TOUR R”

“Vivo no mundo analóxico, rapaza”; menú básico para comezar a “enredar”.

”E ti… de quen vés sendo?”: para saber que é e como funciona o WhatsApp.

”Dixitalízate, ho”: para aprender como se pode acceder ao SERGAS, ao banco, facer a compra e, en xeral, como xestionar o máis cotián por internet.

”Menú R: móbilR”: para coñecer a factura electrónica e outras utilidades e aplicacións prácticas en internet.

Estas accións chegarán a Sarria (Sociedade Recreativa La Unión) o martes 21 de setembro e ao Monforte (Rúa Cardeal) o mércores 22 de setembro.

UN PROXECTO DE ‘CRUZ VERMELLA GALICIA’

“Enredando tour R” enmárcase dentro do proxecto “Enredando” de Cruz Vermella, cuxo obxectivo xeral é reducir a fenda dixital entre a poboación que atende a Organización na nosa comunidade autónoma. Trátase dun proxecto de capacitación dixital que xorde para evitar procesos de exclusión social por motivos económicos, de xénero, de idade, nivel educativo ou zona de residencia, entre outros.

“Enredando Tour R” é a primeira das grandes accións deste proxecto que se pon en marcha e que aposta por apoiar as persoas maiores e sensibilizalas no uso das tecnoloxías, así como axudalas a derrubar os temores e inseguridades que poidan ter ao respecto.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...