Homesociedade"Ribeira Sacra: un paso adelante y otro paso atrás", accésit para o...

“Ribeira Sacra: un paso adelante y otro paso atrás”, accésit para o IES A Pinguela nun concurso internacional

Desde o IES A Pinguela felicitan ao equipo por este importante premio internacional, que se suma a outros conseguidos polo Club de Letras durante o curso anterior.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club de Letras do IES A Pinguela, capitaneado pola alumna de 1º BAC Humanidades Paula Rodríguez, xunto con Alba Hermida, Carla Lóperz e Jenifer Vilariño, titorizadas pola profesora de Lingua Galega, Mª José Vidal Álvarez, obten un accésit no XIV concurso europeo de Historia para a mocidade Eustory 2020/21 co traballo “Ribeira Sacra: un paso adelante y otro paso atrás”.

Realizaron unha investigación socioeconómica xeral derivada da falta de traballo e empresas na contorna e as crises trala pandemia así como a problemática laboral que supuxo. Fixeron un compendio de entrevistas (Adega-tapería Tear, Cervexas Chacueca, Os Píkaros de Chantada, Casa Loureira, Berso de Sober, Casa Antonio e Casa da Vila de Pantón, Abrente Comunicación, Festival 13 Roeis Fest de Pantón, Gestoría 3M,..  e incorporaron experiencias de Casa da Fonte, Gandaría López, Mel do Castro, Cantina de Meán no Saviñao e Cantina de Julia na Pobra do Brollón…) e buscaron información sobre empresas novas e doutras que se viron obrigadas a reinventarse ou cerrar, facendo visible a necesidade de apoio económico neste ámbito xeográfico que ademais pretende ser Patrimonio da Humanidade polo que xuntaron referencias ó románico, patrimonio medieval de Monforte, rede de miradoiros, paisaxe, flora e fauna, árbores senlleiras, etc.

Eustory Iberia, impulsada pola Fundación alemana Körber-Stitfung, convocou o concurso durante o curso pasado 2020/21. O tema desta convocatoria foi “Trabajo y crisis” e conta con participación de asociacións e de estudantes de Alemania, Bélxica, Bielorrusia, Bulgaria, Chequia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Georgia, Irlanda, Israel, Italia, Letonia, Moldavia, Noruega, Polonia, Reino Unido, Rumanía, Rusia, Servia, Suecia, Suiza, Ucrania, Portugal e España. Este concurso anima a estudantes de secundaria e bacharelato a investigar para que reflexionen sobre a súa contorna. “Aprender investigando” é o concepto básico que subxace en todalas súas competicións.

O accésit ten un premio de 200 € así como a posibilidade de participar nos seminarios internacionais –foros de encontro e debate sobre temas da historia europea– xunto a mozos de 30  países do continente. Pódese ampliar información na web  http://eustory.es/

ÚLTIMAS

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...