HomesociedadeOs paseos en barca polo Cabe superan as mil viaxes este verán

Os paseos en barca polo Cabe superan as mil viaxes este verán

Os paseos en barca polo río Cabe seguen sendo un dos principais atractivos turísticos do verán na cidade de Monforte, e boa mostra de elo é o incremento acadado neste ano 2021, con respecto a anos anteriores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ó inicio do mes de xullo e ata o pasado 30 de setembro, o Club de piragüismo Quixós, que se encarga da xestión desta actividade organizada polo Concello de Monforte, contabilizou un total de 1.043 viaxes. O punto de inicio destes percorridos era o embarcadoiro do Parque dos Condes e cada paseo tivo un custe de 3’25 euros por barca, como en anos anteriores.

Os datos reflicten que o mes de agosto é o que acapara o maior número de percorridos polo río. De feito, máis da metade das viaxes do verán realizáronse durante este mes, en concreto, neses días de vacacións por excelencia, houbo 676 paseos. No mes de xullo foron 242 viaxes, e no de setembro, 125.

“As cifras correspondentes ós paseos en barca confirman que este verán houbo moita xente en Monforte, datos que van en consonancia co incremento no número de visitas atendidas na Oficina Municipal de Turismo (11.520 persoas nos meses de xullo e agosto, cun incremento do 170% dende 2019), ou no Centro de Atención ó Peregrino (383 visitas en 13 días dende a súa apertura), dos que informamos as pasadas semanas. É unha proba máis de que Monforte e a Ribeira Sacra están de moda.”, destacou o Alcalde, José Tomé Roca.

A valoración que se fai dende o Concello de Monforte das cifras acadadas neste 2021, con respecto a anos anteriores é moi positiva. Se comparamos as cifras con respecto ó ano 2020, no que o total de paseos foi de 739, en 2021 foron 304 paseos máis que naquel ano, un incremento do 41%.

Polo que respecta ó ano 2019, no que se alcanzaron as 798 viaxes, o incremento en 2021 foi do 30,7%,  245 máis. Finalmente en 2018, rexistráronse 777 paseos, polo que en 2021 o incremento foi do 34%, con 266 viaxes máis.

ÚLTIMAS

Medio Rural destaca as agrupacións forestais de xestión conxunta para evitar o abandono do monte

A conselleira que tamén estivo acompañada polo alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo, destacou...

O BNG de Pantón reclama ao Congreso solucións á situación de Santo Estevo do Sil

Desde o BNG consideran necesario solucionar os accesos a Santo Estevo do Sil e...

Monforte espera un gran Desfile de Martes de Entroido tras confirmar 1.296 inscritos

O Alcalde de Monforte de Lemos vén de anunciar, tras pechar o prazo de...

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...