HomesociedadeAproveitamentos do monte e renovación do carné de fitosanitarios, novas formacións da...

Aproveitamentos do monte e renovación do carné de fitosanitarios, novas formacións da Agacal no sur da provincia

Na Pobra do Brollón comeza este venres unha formación sobre os aproveitamentos multifuncionais do monte e en Monforte impartirase un curso para a renovación do carné nivel cualificado de produtos fitosanitarios. Celebrarase na modalidade semipresencial do 22 ao 28 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), prepara na Pobra do Brollón unha formación sobre os aproveitamentos multifuncionais do monte. Programada entre este venres 22 e o domingo 24 outubro, terá lugar na antiga casa da escola de Parada dos Montes.    

Organizada polo distrito forestal VIII–Terra de Lemos, a iniciativa abordará aproveitamentos como o gando, a resina, os cogomelos ou as castañas. Tamén se tratará a silvicultura próxima a natureza, entre outras cuestións.

Todos os interesados en acudir a esta acción de transferencia poden solicitalo enviando un correo electrónico ao enderezo marcos.ferreira@sistemasea.gal, tras cubrir a solicitude que poden descargar neste enlace.

Tamén se impartirá un curso para a renovación do carné nivel cualificado de produtos fitosanitarios. Celebrarase na modalidade semipresencial do 22 ao 28 de outubro no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos en horario de tarde (16:00 a 21:00 horas). 

A iniciativa diríxese a usuarios profesionais de fitosanitarios que teñen o carné de nivel cualificado e que necesitan actualizar coñecementos. Trátase de persoas con responsabilidades na aplicación e na comercialización deste tipo de produtos, que precisan proporcionar a información axeitada sobre o seu uso, os seus riscos para a saúde e o medio ambiente e as instrucións para mitigar ditos riscos. 

Para este curso os interesados deberán enviar a solicitude ao correo electrónico maria.lourdes.diaz.fernandez@xunta.gal, e se precisan información adicional poderán chamar ao teléfono 982 889 103.

ÚLTIMAS

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...

Este 16 de xaneiro preséntase en Chantada “Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo”

A Irmandade Cultural País do Faro organiza para este venres, 16 de xaneiro, a...