IniciosociedadeQuiroga subvenciona aos alumnos que estudan fóra

Quiroga subvenciona aos alumnos que estudan fóra

O Concello de Quiroga consignou novamente unha partida de 7.000€ para axudar aos estudantes empadroados no municipio que cursan algunha das ensinanzas que non se podan cursar en Quiroga (FP ou universitarias).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Son gastos subvencionables a matrícula educativa, a compra de libros de texto ou material escolar, o alugueiro de vivendas ou os gastos de transporte, sempre que figuren a nome do estudante que solicita a achega económica como recalcou a concelleira de Xuventude, Ana Lucía Nogueira.

Unha vez se publiquen as bases no BOP, os alumnos interesados terán 20 días hábiles para presentar as solicitudes, que obrigatoriamente este ano deberán tramitar a través de internet (sede electrónica do concello ou no correo concello.quiroga@eidolocal.es). Xunto co formulario da solicitude deberán de presentar xa a documentación xustificativa do gasto para o que piden a axuda.

Esta partida de 7.000 € repartirase entre todas as solicitudes que se presenten, pero irá en función do gasto que se xustifique. A concelleira de xuventude fixo fincapé en que cada beneficiario recibirá axuda en proporción ao seu gasto, “para recibir a contía máxima que corresponda despois de dividir a partida orzamentaria entre todas as solicitudes é preciso que estea xustificada esa cantidade como mínimo, de non xustificarse esa cantidade soamente se subvencionaría o gasto xustificado”. O pasado curso foron 37 os estudantes beneficiados.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...