HomesociedadeCurso en Monforte sobre o bo manexo das explotacións lácteas

Curso en Monforte sobre o bo manexo das explotacións lácteas

A AGACAL organiza o día 9 no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos unha xornada sobre a importancia dun bo manexo nas explotacións de leite. A actividade desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo deste curso é demostrar que un bo manexo pode incidir positivamente na produción do leite. Así, abordarase que é un bo manexo e falarase de aloxamentos, de condicións ambientais ou das peculiaridades a ter en conta en función do estado produtivo  das vacas. Tamén das características e manexo da recría ou do benestar animal, entre outras cuestións.

A acción está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Nesta páxina pode atoparse o referido curso e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deberán remitirse cubertas ao enderezo electrónico maria.estrella.rodriguez.rodriguez@xunta.gal. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional chamando ao teléfono 982 889 102.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...