HomesociedadeMaría do Ceo e "Invisibles" poñen o remate ao San Martiño e...

María do Ceo e “Invisibles” poñen o remate ao San Martiño e Viño no Camiño de Quiroga

A cantante de fados María do Ceo actuará en Quiroga este sábado, día 13, no Auditorio Municipal, a partir das seis da tarde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

María do Ceo levará a Quiroga o seu disco “A Fadista”, no que funde a melancolía do portugués coa dozura do galego que tanto a define. As súas excepcionais dotes vocais e a súa innata musicalidade fan dos seus concertos experiencias fascinantes que mergullan á audiencia na paixón e a tenrura do fado tradicional, pero tamén na personalidade dunha artista singular.

Embaixadora da cultura galega en todo o mundo, a súa destacada carreira internacional está enraizada no fado como inspiración básica e amosa esa identidade cultural luso-galaica que María do Ceo representa, quizais, mellor que ninguén.

As actividades continuarán o domingo coa representación da obra de teatro “Invisibles” a cargo do grupo Redum Teatro (organizado polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra). A obra “Invisibles” é unha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. A representación teatral terá lugar o domingo ás seis da tarde no Auditorio Municipal.

San Martiño e Viño no Camiño 2021 / concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Ás veces os soños fanse realidade

Inda hoxe lembro o aspecto do edificio. Aquela taquilla dimunita dende a que asomaba...

Operativo especial ante a chegada da borrasca Ingrid, recoméndase precaución desde este venres

Espérase que Ingrid, un fronte de frío ártico, afecte á provincia desde a madrugada...

José Tomé propón unha dedicación exclusiva en Monforte tras dimitir como presidente da Deputación de Lugo

O alcalde de Monforte, José Tomé, levará ao pleno do vindeiro luns, 26 de...

Ribeira Sacra reforza en Fitur a candidatura a Patrimonio da Humanidade

Durante o acto institucional de presentación da candidatura, organizado pola Consellería de Cultura, Lingua...