HomesociedadeA Cruz Vermella reparte en Monforte 17.000 quilos de alimentos a 300...

A Cruz Vermella reparte en Monforte 17.000 quilos de alimentos a 300 familias

A Cruz Vermella en Monforte de Lemos finaliza a repartición da última fase de alimentos de 2021 coa entrega de 17.000 kg de alimentos non perecedoiros entre unhas 300 familias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A nivel nacional, repartíronse máis de 17,7 millóns de quilos de alimentos a case 730.000 persoas; conseguindo chegar co Programa 2021 de Axuda Alimentaria a moitos dos fogares máis desfavorecidos.

Cruz Vermella e a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) encárganse, a partes iguais, da repartición dos produtos desta segunda fase, cofinanciada nun 85% polo Fondo de Axuda Europea para as Persoas máis Desfavorecidas (FEAD), e nun 15% polo orzamento nacional.

O Programa FEAD contribúe a paliar as peores formas de pobreza, fornecendo axuda non financeira ás persoas máis desfavorecidas en forma de alimentos e mediante a realización de actividades de inclusión social.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...