HomesociedadePreocúpanlle ao concello de Monforte a violencia de xénero e a conciliación?

Preocúpanlle ao concello de Monforte a violencia de xénero e a conciliación?

Desde o 2009 a Xunta achegou 460.000 euros para financiar o programa de apoio ao Centro de Información á Muller, pero desde o 2015 o concello non solicita subvencións nin para violencia de xénero nin para conciliación.

Publicado o

- Advertisement -

A Secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, explicou en resposta parlamentaria que o seu departamento leva achegado desde 2009, máis de 460.000 euros para financiar  programas de apoio en materia de promoción da igualdade, prevención da violencia de xénero e mantemento do CIM.

O groso destas axudas tivo por obxecto financiar o programa de apoio ao centro de información ás mulleres (CIM) que xestiona o Concello de Monforte de Lemos en solicitude agrupada xunto aos municipios de Bóveda, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao e Sober.

Tamén aclarou López Abella que desde o ano 2015 o Concello de Monforte de Lemos non solicita subvención para o programa de fomento da conciliación, nin para o programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero. Estes dous programas forman parte da convocatoria conxunta que cada ano pon en marcha a Secretaría Xeral da Igualdade.

Funcionamento do CIM de Monforte

O Centro de Información á Muller de Monforte de Lemos acreditouse o 17 de marzo de 2005. Actualmente traballan nel unha Directora e Asesora Xurídica, unha asesora psicolóxica, e unha axente de Igualdade.

Durante o ano 2017 o CIM recibiu 1.571 consultas e atendeu a 173 mulleres. Neste primeiro semestre de 2018, o CIM de Monforte recibiu 804 consultas e atendeu a 140 mulleres.

ÚLTIMAS

Aberto o prazo para participar no Mercado de Nadal de Monforte que se celebra o 20 e 21 de decembro

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 10 de decembro. As...

O PP lucense pregunta no Senado pola siniestralidade na N-120

Os senadores populares explicaron que a estrada nacional 120, é unha vía de titularidade...

O grupo de saxos ‘Mezzo Quartet’ abre o ciclo ‘Música no outono’ de Sober

O vindeiro sábado, 15 de novembro, terá lugar en Sober a primeira actuación do...

Achan morto a un octoxenario nunha mina de auga en Sober

Un octoxenario foi achado morto este luns nunha mina de auga no lugar de...