HomesociedadeQue se cubran as prazas de facultativo dos centros de saúde de...

Que se cubran as prazas de facultativo dos centros de saúde de Pantón e Monforte, solicita a CIG-Saúde

"Situación crítica" o que acontece nos Centros de Saúde de Pantón e Monforte, denuncia a CIG- Saúde e solicita que se cubran as prazas de facultativo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A CIG-saúde vén denunciando desde novembro a perda de facultativos en atención primaria no sur da provincia, en particular a situación do centro de saúde de Pantón, ao respecto do que o Conselleiro de Sanidade aseguraba en decembro “que priorizaría a cobertura estable da terceira praza de médico de familia deste centro».

Segundo o sindicato isto non está acontecendo. Lembran que en decembro no Centro de Saúde Pantón había dous médicos de plantilla e un que viña días soltos pasar a consulta da facultativa que marchou en novembro.

A día de hoxe “a situación empeorou e bastante”, asegura o sindicato, “Os pacientes deste centro son atendidos polos dous médicos de plantilla. O terceiro cupo está aberto todos os días coa denominación de Área Sanitaria Lugo Pantón Médico de familia (como non hai facultativo adscrito a ese cupo) e o que fan os administrativos é distribuir os pacientes citados ese día entre os dous facultativos do centro, co que se aumentan as consultas diarias que atenden os dous sanitarios”.

Lembra o sindicato que o Centro Saúde de Pantón ten un total de 2.111 pacientes dos cales un 47% son maiores de 65 anos e o 20% do total dos cupos son maiores de 80 anos. A isto súmase que a dispersión xeográfica é moi importante, con parroquias a máis de 10 kms.

Concentración BNG Pantón médico / BNG Pantón

“O SERGAS alardea nos medios de comunicación que implantou axendas de calidade nos médicos de familia, outra mentira. É imposible dedicarlle o tempo necesario a máis de 50 pacientes citados diariamente máis domicilios urxentes e programados. Case a metade dos seus pacientes son crónicos e hai que dedicarlle moito tempo a cada un deles,” insisten desde o sindicato.

No Centro de Saúde Monforte denuncian que a finais deste mes xubílase un médico e que a día de hoxe non se sabe oficialmente se se vai cubrir ou non. “Como poden ver o modelo de atención primaria que alardea o Sr. Feijoo dista moito de dar unha atención de calidade a súa poboación. O 28 de xaneiro hai reunión de Mesa Sectorial en Santiago. O SERGAS vai presentar o borrador do Decreto de Oferta de Emprego Público da categoría de facultativo /especialista en atención primaria. Ese día veremos que intencións ten o noso Presidente coa atención primaria da Zoa Sur de Lugo.” Cualifican de “situación crítica” o que acontece nos Centros de Saúde de Pantón e Monforte  e solicitan que se cubran as prazas de facultativo.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...