HomesociedadeConcurso de disfraces e comparsas no desfile do martes de entroido no...

Concurso de disfraces e comparsas no desfile do martes de entroido no Saviñao

O Concello do Saviñao convoca unha nova edición do concurso de disfraces e comparsas de Entroido co que repartirá premios entre os participantes do desfile que discorrerá polas principais rúas de Escairón o vindeiro martes, 1 de marzo, a partir das 17.00 horas amenizado pola charanga Leña Verde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O certame,  organizado pola concellería de Cultura, ten como obxectivo “promocionar unha das nosas festas tradicionais, recuperar unha das prácticas máis importantes destas datas e incentivar a participación cidadá”, segundo recollen as súas bases.

O alcalde, Carlos Armesto, convida aos veciños a participar nesta actividade  -tanto no  concurso de disfraces nas distintas categorías previa inscrición ou como público- “usando a máscara en todo momento para garantir un Entroido seguro”.

Bases do concurso

As bases do Entroido 2022 do Concello do Saviñao establecen distintos premios en función das categorías. O primeiro premio da categoría individual ou grupos de menos de 6 compoñentes será de 60 euros e o segundo de 30. No caso das comparsas, distínguense entre a categoría infantil (cando máis do 50% dos seus membros teñen menos de 14 anos) e categoría xeral. O primeiro premio será de 300 euros, o segundo de 250 e o terceiro de 150 euros en ambos casos. E, así mesmo, outorgaranse un premio especial de 50 euros á mellor animación e outro de igual contía para a mellor carroza.

Todas as comparsas -agás as premiadas co 1º, 2º e 3º premio- recibirán un premio pola súa participación que ascenderá a 60 euros para as comparsas de 7 a 14 membros e a 100 euros para as de 15 ou máis compoñentes.

As persoas interesadas en participar no concurso deberán inscribirse antes do día 25 en horario de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas nas oficinas municipais ou a través do enderezo electrónico savinao@telefonica.net facendo chegar o título ou nome do disfraz, nome e apelidos do participante ou representante (no caso de participar en grupo), idade, categoría, teléfono de contacto e número de conta bancaria.

O día do desfile, o martes de Entroido, os participantes deberán presentarse ás 16.30 horas no mercado gandeiro. Aquelas propostas con baile ou animación poderán desenvolvelo na rotonda da Praza de España onde tamén se instalará unha carpa. Ante condicións meteorolóxicas sexan adversas ou outras razóns que non permitan a realización do desfile, a organización poderá suspendelo ou aprazalo para outro día.

A relación de premiados, atendendo á valoración do xurado, publicarase na páxina web do Concello e  a entrega de premios realizarase a partir do día 2 mediante transferencia bancaria.

ÚLTIMAS

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...