HomesociedadeRescisión do contrato do parque do Hospital e indemnización ao concello de...

Rescisión do contrato do parque do Hospital e indemnización ao concello de Monforte

O Consello Consultivo de Galicia dá a razón ó Concello na rescisión do contrato do Parque do barrio do Hospital, logo de que a empresa adxudicataria, Zonas de Obras O Rosal S.L., non cumprira co establecido en dito contrato.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para a construción do novo Parque do Hospital, o Concello dispuxo un orzamento de 555.934,16 euros, e establecía un prazo de execución da obra de catro meses. A adxudicación levouse a cabo o 21 de abril de 2021 á empresa Zona de Obras O Rosal S.L., data en que Concello e empresa asinaron o contrato administrativo. A acta de comprobación de replanteo asinouse o 26 de xullo de 2021, co cal a obra tiña que ter finalizado a finais do mes de novembro do pasado ano, concretamente o 26 de novembro do 2021.

O Alcalde, indicou que unha vez se resolva definitivamente o contrato “dende o Concello poderemos volver a sacar a concurso o que queda por executar das obras deste novo parque, e poñelas de novo en marcha, unha vez que sexa adxudicado o novo contrato. Para elo, elaboraremos un novo proxecto no que incluiremos o que resta por facer para finalizar o novo parque”.

O Consello constata que a empresa non cumpriu co prazo de 4 meses establecido por contrato para a finalización da obra, e subliñou a existencia de retrasos inxustificados recollidos no informe do director de obra. Tamén invoca outra serie de cuestións que, “ó seu xuízo, afectaron ó normal desenvolvemento das obras, como o atraso na comprobación da implantación do proxecto; a paralización das obras pola aparición dunha arqueta fóra de cota, o que esixiu a realización de traballos fóra do proxecto; a falta de emisión de certificacións mensuais, xa que só existe a certificación nº 1 correspondente aos traballos entre o 26 de xullo e o 15 de setembro; e a imposibilidade de realizar os traballos debido ás inclemencias meteorolóxicas, xa que, sinala, durante 43 días foi imposible traballar ao aire libre”.

“En conclusión” sinala o ditame do Consello Consultivo, “atendendo a todo o exposto, cómpre concluír que o contratista non acreditou que as incidencias que impediron a conclusión da obra no prazo previsto fosen propiciadas por circunstancias de forza maior ou, en todo caso, alleas á súa vontade. Pola contra, os informes do director da obra que figuran no expediente sitúan os incumprimentos na esfera da actuación do contratista”.

Do mesmo xeito, o artigo 213.3 da LCSP establece que cando o contrato se resolva por incumprimento culpable do contratista lle será incautada a garantía e deberá, ademais, indemnizar á Administración os danos e perdas ocasionados no que excedan do importe da garantía incautada.

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...