Os cantos nas tabernas foron unha maneira de divertimento, de lecer e un xeito de producir e manter a tradición musical da comarca.
Esta nova edición que se recupera despois de dous anos desenvolverase o sábado, 19 de marzo. Nestes V Cantos de Taberna cada agrupación musical participante realizará unha actuación de 20 a 25 minutos en cada establecemento, e rematarán todos xuntos cunha gran foliada.
Poden participar gratuitamente todas as agrupacións que o desexen cun mínimo de 5 participantes e un máximo de 12. Para inscribirse teñen que anotarse na Casa da Cultura antes do día 15 de marzo, ben persoalmente ou a través do telf: 982.43.51.25.