HomesociedadePolamiúda organiza para este día 8 manifestación en Chantada polo Día da...

Polamiúda organiza para este día 8 manifestación en Chantada polo Día da Muller

A Asociación feminista Polamiúda de Chantada convoca, como todos anos desde a súa creación en 2017, unha mobilización na rúa o 8 de marzo, para sumarse ás reivindicacións dos dereitos das mulleres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano a manifestación sairá da Praza Santa Ana ás 20 horas e chegará ao Cantón sobre as 21 horas, repetindo o percorrido do ano pasado. Informan de que se deu conta á Subdelegación do Goberno e ao Concello de Chantada, polo que esperan que o tráfico se corte para a manifestación e a Policía Local sexa avisada e non como dín aconteceu o pasado ano.

Sairase ás 20.00 horas da Praza Santa Ana, subida por Avenida de Lugo ata cruce con Rúa Portomarín, baixada por Rúa Portomarín ata Avenida de Monforte, continuación por Avenida e Monforte dirección casco histórico ata Rúa Fontearcada continuando por Rúa Luis Soto Lemos ata chegar á Praza de España (Praza do Cantón) onde rematará a manifestación aproximadamente sobre as 21 horas.

Malia a mellora da situación sanitaria e a supresión de case todas as restricións, dada a exención do uso das máscaras na rúa, procurarase que a manifestación descorra en tres columnas que garantan certa separación entre persoas e eviten aglomeracións.

“A hexemonía partiarcal -seguindo o guión- sacou a súa artillaría, e desde posicións conservadoras e de extrema dereita estase a crear un relato simplista e manipulado que pretende deslexitimar o feminismo e que, de non atoparnos fortes e unidas, poranos en grave risco, impedirá o avance cara a igualdade e mesmo suporá un retroceso de dereitos. Na nosa man está posicionarnos ou mirar cara outro lado, mais en todo caso haberá que dar explicacións ás que veñen detrás,” conclúen desde Polamiúda.

ÚLTIMAS

30.000 euros para o fomento da lectura nas bibliotecas de Lugo

Na Zona Sur foron beneficiarios de axudas para contratación de actividades a través do...

Comeza o reforzo do muro que permitirá reabrir a LU-P-1801 entre Os Peares e Chantada

A Deputación de Lugo está xa a reforzar o muro de sostemento que permitirá...

Quiroga celebra en maio o “Mes das Nosas Letras”

Tras o certame de narración e debuxo que está en marcha ata o día...

A revista científica Geoheritage vén de publicar un artigo sobre a ‘Pedra Cabaleira’, presente no territorio do Xeoparque

A valorización e difusión do patrimonio xeolóxico do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do...