HomesociedadePreséntanse en Bóveda as liñas de axuda para empresarios e emprendedores

Preséntanse en Bóveda as liñas de axuda para empresarios e emprendedores

A Axencia Galega de Innovación (GAÍN) coa colaboración do GDR Ribeira Sacra-Courel e do GDR Miño-Ulla, organiza para este mércores, día 9 de marzo en horario de 12:00 h a 14:00 h, na Casa de cultura de Bóveda a xornada "Camiño de futuro".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade ten por obxectivo informar das diferentes liñas de axuda para empresarios/emprendedores, podendo participar calquera persoa interesada no tema. Para elo é necesario inscribirse no seguinte enlace: https://docs.google.com/…/1FAIpQLSehBDmobYv1X7…/viewform

O programa abrirase coa directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey. Posteriomente presentaranse os mapas de apoios da Vicepresidencia segunda e Consellería de economía, empresa e innovación e os apoios doutras consellerías a través dos GDRs. Ás 13.00h celebrarase unha mesa redonda con casos de éxito empresarial e pecharase a xornada ás 13.35 cun café networking.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...