HomesociedadeO Meco e as Pampórnigas, camiño de quedar retratados nun mural en...

O Meco e as Pampórnigas, camiño de quedar retratados nun mural en Quiroga

A asociación de dinamización local ‘Quiroga en marcha’ vén de comunicar nas súas redes sociais que impulsa un crowdfunding para financiar o proxecto. Fáltanlle 1.500 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quiroga leva apostando estes últimos anos polo muralismo, e tanto é así que dispón dun mapa onde están sinalizados os dez que hai ata o momento. Unha ruta de arte urbano ou museo ao aire libre que está a servir tamén de reclamo turístico para a vila.

Algúns destes murais naceron da man da asociación local ‘Quiroga en marcha’, colectivo que ten entre os seus fins dinamizar a vila. Seguindo con esta liña veñen de anunciar nas redes sociais que este 2022 queren realizar outro mural de grandes dimensións contando de novo co artista Joseba Muruzábal, autor do mural “Erundina Vendimadora”.

Mural que realiza Yoseba MP en Quiroga / XdL

O tema que propoñen para o novo mural é “O Meco e as Pampórnigas”, figuras protagonistas na Romaría tradicional da Ermida no mes de setembro, e o custe do mesmo cuantifícano en 4.400 euros –IVE incluído–  alugueiro de grúa e aloxamento do artista aparte.

O Meco e as Pampórnigas. Foto: Amparo

Explican os promotores do proxecto que 2.000 euros xa os poñen os propietarios do edificio onde se pretende plasmar o mural, que 900 € xa foron aportados por varios patrocinadores e que o custe do alugueiro da grúa correrá a cargo do Concello de Quiroga. Segundo estas contas, e calculando o custe do aloxamento, piden colaboración para completar os 1.500 € que restarían para facer viable o proxecto.

Na súa páxina de Facebook pódese atopar o número de conta para facer as achegas, e todo aquel que participe no financiamento figurará nunha placa que se colocará debaixo do mural.

Se sae adiante o mural pintaríase coincidindo coa edición da “Quiroga Trail Challenger”, os días 7 e 8 de maio, datas que facilitarían aos asistentes a esta proba seguir en directo o proceso de creación da obra.

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...