HomesociedadeUn gran peche do ‘Estase Cocendo 2022’

Un gran peche do ‘Estase Cocendo 2022’

Unha última visita guiada moi concorrida e o exitazo do ‘Cocido de Meigas’ deixan un gran sabor de boca da edición ‘da recuperación’ deste ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado sábado, 26 de marzo, realizábase a derradeira visita guiada a Monforte cun grupo de 43 persoas chegadas de diferentes lugares de Galicia. En palabras de Beatriz Vila, delegada da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl) na zona, “un pracer recibilas e un pracer traballar coas guías Gema e Rosa”, profesionais que fixeron un traballo excepcional nas diferentes xornadas guiadas que houbo ao longo do mes.

Visita guiada o pasado 26 de marzo. Foto: Beatriz Vila

O mesmo sábado, xa pola noite, tiña lugar o acto central do ‘Cocido das Meigas’: un aquelarre que se fixo na Praza de España. Alí se xuntaron unha chea de Meigas e Meigos que, acompañadas/os da música de Batucada Creativa, foron en desfile ata o Parque dos Condes onde se procedeu á lectura do ‘Manifesto das Meigas’. A encargada foi Manuela Fuentes Rodríguez que ademais levou o premio á mellor caracterización –Meiga Maior–.

Meiga Maior. Foto: Pili Chaos

O encontro de Meigas e Meigos, na que era a súa primeira edición –por mor da pandemia non puido realizarse o pasado ano– foi un gran éxito de participación. Encheuse a Praza de España e tamén a rúa do Cardeal ao seu paso creando un gran ambiente que anima xa a pensar no ‘Cocido das Meigas 2023’. E tal como nos adiantaba días atrás Beatriz Vila, todo apunta a que será xa unha actividade fixa para o vindeiro Estase Cocendo.

Beatriz Vila, artífice da actividade e delegada da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl) no sur de Lugo. Foto: Pili Chaos.

Vila comentaba en Onda Cero Monforte este luns 28 de marzo que “quere afincar” esta actividade que ben podería quedar marcada no calendario para o derradeiro sábado do mes de marzo. Dicía tamén que, aínda habendo cousas a mellorar, para vindeiras edicións pénsase xa en contemplar que o ‘Cocido de Meigas’ se faga non só en Monforte senón noutros lugares da Ribeira Sacra, que inclúa un gran encontro gastronómico, xantar ou cea de meigas/os, un fin de festa…

BALANCE DA ORGANIZACIÓN

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios  de Hostalería e Turismo  de Lugo (Apehl) fixo balance desta décimo cuarta edición do Estase Cocendo e asegura que “despois de dous anos de parón, volveu con máis forza que nunca. Foi un éxito en número de cocidos, en visitas guiadas por Monforte e en participación durante a Quedada de motos e o Cocido das Meigas. Esta última fin de semana encheuse Monforte de tambores e meigas nun fin de festa multitudinario”.

Dende a organización lembran tamén que o vindeiro venres, día 2 de abril, sortearase o porco, xentileza da Asociación Prodeme. O gañador ou gañadora será quen posúa a rifa, cuxas últimas catro cifras coincida co número premiado dese día no sorteo da ONCE. O número premiado publicarase en todas as redes sociais e nas páxinas webs apehl.org e eparacomerlugo.com.

ÚLTIMAS

Representacións teatrais, un novo club de lectura e actividades nas parroquias para a programación do Outono Cultural de Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil vén de fai pública a súa programación cultural...

Prodeme e CAPD de Sarria na 30º edición dos Xogos Autonómicos de Baloncesto de Special Olympics Galicia

A 30º edición dos Xogos Autonómicos de Baloncesto para persoas con discapacidade intelectual organizados...

O recanteiro de Lugo Sur, Julio Ferrín, canta hoxe no Luar

O quirogués Julio Ferrín estréase na sección 'Recantos' do programa Luar da TVG. No...

O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5M€ de investimento no territorio

As axudas LEADER buscan impulsar novas iniciativas empresariais, mellorar a competitividade das actividades existentes...