Homesociedade45.000€ da Deputación para seguir mellorando a estrada Canaval-Arxemil en Sober

45.000€ da Deputación para seguir mellorando a estrada Canaval-Arxemil en Sober

Esta semana a institución provincial comezou a realizar os labores de arranxo da estrada provincial LU-P-5902, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 4,4 e 6,7.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo continúa mellorando en Sober a estrada provincial  LU-P-5902, que une o núcleo de Canaval e Arxemil por Rosende. Esta semana comezaron unhas novas actuacións de rehabilitación do firme ás que a institución provincial destina 45.000€.

Os traballos desenvólvense entre os puntos quilométricos 4,4 e 6,7 e consisten na limpeza de cunetas, drenaxe e pavimentación. O prazo de execución é de 9 meses, pero a previsión é de que estes labores rematen antes, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables.  

Estas obras dan continuidade ás que recentemente acometeu a Deputación nun tramo anterior, dende os puntos quilométricos 3,5 e 4,4 investindo 61.000€. A institución provincial realiza estas melloras co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e mellorar a comodidade dos usuarios e usuarias que transitan por esta estrada no seu día a día.

A institución provincial destina 17,3M€ dos seus Orzamentos para o 2022 ás tarefas de mellora do firme, roza de maleza, conservación e mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de todo o Estado e tres veces maior ca da Xunta en Lugo.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...