HomesociedadeO Concello de Monforte obriga á retirada da grúa instalada na rúa...

O Concello de Monforte obriga á retirada da grúa instalada na rúa Ferrol

A grúa fora instalada nos números 14 e 15 da rúa Ferrol pola empresa Otero Aldao SL, que en setembro de 2007 solicitara ó Concello unha licencia para acometer a construción dun edificio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Logo do acordo adoptado en Xunta de Goberno o pasado 21 de marzo, o Concello obrigou á empresa Otero Aldao SL á retirada da grúa instalada na rúa Ferrol, retirada que foi levada a cabo na tarde do xoves, 31 de marzo.

O Alcalde precisou que “tras a retirada do guindastre, queda por retirar o silo en dita rúa Ferrol. Se a empresa non o fai, o Concello procederá a súa retirada, de forma subsidiaria, e repercutiralle os gastos que supoña esta acción ó promotor da obra”.

O 30 de maio de 2013, un informe dos axentes da cidadanía daba conta da existencia dunha grúa sen licenza de instalación no número 13 da rúa Ferrol e que podía supoñer un “perigo para a seguridade das persoas e cousas”, a Xunta de Goberno Local acordou incoar expediente contra dita empresa para a retirada da grúa. Tras varios requerimentos non cumpridos o concello instou a proceder á execución subsidiaria da retirada da grúa e elementos anexos á mesma, retirada que finalmente acometeuse.

ÚLTIMAS

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...