HomePolíticaFolgoso do Courel pídelle celeridade á Deputación para reparar as estradas provinciais

Folgoso do Courel pídelle celeridade á Deputación para reparar as estradas provinciais

O Concello de Folgoso do Courel pídelle celeridade á Deputación de Lugo para reparar as estradas da súa titularidade que se atopan en mal estado ao seu paso pola localidade, sobre todo ao verse incrementado o seu uso tras o derrubamento o pasado mes dun tramo da LU-651 que comunica Folgoso do Courel con Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A alcaldesa, Lola Castro, mantivo unha reunión de traballo a pasada semana co presidente da institución provincial, José Tomé Roca, na que lle pediu “unha consideración especial” coas vías provincias atendendo ao mal estado que presentan e unha maior afluencia de tráfico nas últimas semanas, a consecuencia do incidente producido en Santa Eufemia.

O Goberno local agradece a receptividade de Tomé Roca, quen asegurou que se interesaría por esta petición, ao tempo que lle demandan a máxima axilidade.

Desde o Goberno local aseguran que a Xunta foi dilixente desde o momento no que se coñeceu o derrubamento e que a Consellería que dirixe Ethel Vázquez fará a execución dun acceso provisional que permita restituír o tráfico, que estará en funcionamento este mesmo verán e que suporá un investimento de máis de 770.000 euros.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...