IniciosociedadeRecursos para combater o 'feísmo' en Pantón, Sober, Chantada e Ribas de...

Recursos para combater o ‘feísmo’ en Pantón, Sober, Chantada e Ribas de Sil

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concedeu axudas por importe global de 57.600 euros para corrixir impactos paisaxísticos en equipamentos e edificios municipais destes concellos do sur de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, xunto co alcalde de Pantón, José Luís Álvarez, visitaron neste municipio a nave de usos múltiples que se reformará ao abeiro do programa de apoio ás entidades locais para instaurar o ‘fermosismo‘. O obxectivo é combater o feísmo nos concellos de menos de 20.000 habitantes.

A Consellería vén de resolver esta orde de axudas, convocada en xaneiro por 600.000 euros e cuxo crédito acaba de ampliarse ata os 800.000 euros. A mesma, recolle dúas liñas de actuación: a primeira subvenciona obras para emendar o impacto negativo que causan sobre a contorna edificacións nas que se prestan servizos municipais, e a segunda está pensada para mellorar equipamentos públicos propiedade dos concellos, con especial fincapé nos elementos etnográficos.

As achegas poden acadar o 70% do custo estimado –ata un máximo de 20.000 euros por liña– e as actuacións teñen que cumprir unha serie de requisitos. As condicións máis importantes para poder beneficiarse das axudas é que as obras realizadas cumpran os criterios fixados na Guía de cor e materiais de Galicia ou os que recolle tamén a Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística de valados.

O Concello de Pantón mellorará o aspecto da súa nave de usos múltiples, substituíndo a cuberta de chapa por outra de panel tipo sandwich, e recebando e pintando os muros de bloque, ademais de incorporar canles e baixantes de aluminio lacado e construír un novo peche da parcela. Para estes traballos recibirá unha axuda máxima de 20.000 euros.

Respecto dos outros concellos beneficiados, o Concello de Sober recibe 14.000 euros para renovar o palco da música de Proendos, Ribas de Sil terá 13.000 euros de financiamento para actuar nos paramentos verticais dun depósito de augas municipal e dun muro de contención situados na área recreativa de San Clodio, e o Concello de Chantada contará con 10.500 euros para actuar no lavadoiro da Portada, na traza do Camiño de Santiago.

ÚLTIMAS

XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, o 11 e 12 de maio

Como prólogo da Mostra, o xoves, 9 de maio, ás 20:30h na adega do...

305.500€ da Xunta para a contratación de 19 desempregados no sur de Lugo

A Xunta de Galicia destina 305.500 euros a financiar a contratación de 19 traballadores...

O PP pide a reparación da estrada provincial LU-P-5301 no casco urbano de San Clodio

O portavoz, Antonio Ameijide, a viceportavoz, Carmen José López, e o deputado da zona...

Mensaxe do Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo a Pedro Sáchez

Bienquerido compañeiro Presidente: Recibo con enorme sorpresa e preocupación a túa carta aberta sobre...