Homesociedade355.000€ na mellora da estrada provincial que une O Páramo coa Pobra...

355.000€ na mellora da estrada provincial que une O Páramo coa Pobra de San Xiao

A Xunta de Goberno aproba a redacción dunha modificación do proxecto das obras de mellora da estrada que une a Pobra de San Xiao co Páramo, a LU-P-4304, nas que as institución investirá un total de máis de 355.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras execútanse entre os puntos quilométricos 5,2 e 5,4, e tamén tramo antigo da LU-P-2904. García Porto explicou que “unha vez iniciadas as obras detectáronse problemas nas tubaxes existentes, polo que, debido a esta situación sobrevida, é preciso actuar para mellorar a rede de abastecemento de augas e a rede de pluviais. Por iso, antes de realizar as beirarrúas, faranse estas actuacións para dar un mellor servizo á veciñanza”. A modificación ten un custe estimado de preto de 60.000€, polo que a Deputación investirá algo máis de 355.000€ no conxunto destas obras.

O proxecto consiste no movemento de terras necesario para escavar a zona das beirarrúas, tamén na pavimentación de aglomerado en quente, faranse beirarrúas de formigón, e dotarase de sinalización e de alumeado público.

A Xunta de Goberno aprobou a solicitude dos concellos de Trabada, Cervantes e O Páramo para investir remanentes do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2021 en novas actuacións. No Páramo, cuns remanentes de case 13.200€, acondicionarase o acceso a Castro de Neira.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...