HomesociedadeVII Reunión da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, o 27 e...

VII Reunión da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, o 27 e 28 de maio en Láncara

Medio Rural da Deputación de Lugo colabora na organización da VII Reunión da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF), que se celebra os vindeiros 27 e 28 de maio no Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción (Muvicla) de Trasliste, no concello de Láncara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A área dirixida por Mónica Freire achega 2.000 euros para a celebración das xornadas, nas que se abordarán as vantaxas dos modelos extensivos e adaptados ao territorio na produción de carne, baixo o título, “Sistemas de produción de carne resilientes ás crises”.

A deputada provincial sinalou que “apoiamos un ano máis estes encontros formativos e divulgativos da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes nos que gandeiros e gandeiras de todo o país exporán as fortalezas de sistemas de produción baseados no pastoreo e na alimentación con forraxes propias, que reducen a dependencia de insumos externos e que, polo tanto, protexen as gandeirías fronte a alzas de prezos como a que estamos a vivir nos últimos meses”

“Entendemos que desde as adminstracións debemos involucrarnos na divulgación e no apoio destes modelos produtivos máis sustentables tanto desde o punto de vista económico como ambiental ”, concluíu a deputada, que participará o venres na inauguración das xornadas.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...