HomesociedadeO Trece Roeis Fest 2022 completa cartel e contará cos 'Heredeiros da...

O Trece Roeis Fest 2022 completa cartel e contará cos ‘Heredeiros da Crus’

A banda de Ribeira volve ao Trece Roeis Fest na xira do seu 30º aniversario, e tamén formarán parte da programación: Festicultores Troupe, Muy Montes, Breocáns, O’Leo de Matamá, Baturruka e os Dj’s Maceda, Xan e Xosé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización do Festival anunciou este pasado domingo o resto de grupos que completan o cartaz deste ano. Entre eles atópanse os Heredeiros da Crus, que volven ao Trece Roeis Fest na xira do seu 30º aniversario.

Tamén estarán no programa os Festicultores Troupe, O’ Leo de Matamá, o grupo folk vigués Breocáns, que presentan o seu novo traballo no que fusionan música tradicional, danza e moito humor, e outras propostas chegadas de diferentes puntos da Ribeira Sacra. Os músicos da contorna que participarán serán o dúo do Saviñao, Muy Montes –composto por Paula e Andrés Montes–, a batucada monfortina Baturruka, e os DJ’s de Pantón Maceda, Xan e Xosé.

Cartel da xira 30 Aniversario / Foto: Heredeiros da crus

FORMACIÓNS QUE XA SE ANUNCIARAN

Meses atrás a organización avanzaba grupos como Boikot e El Drogas, dúas bandas do panorama do rock e do punk españois, así como catro referencias do panorama galego: as bandas Guezos e Cabodano, o grupo de música tradicional As Searas e a referencia de folk fusión Zeltia Irevire.

Tamén estará o grupo catalán Lágrimas de Sangre co seu novo disco “Armónico Desorden”, A Banda da Loba que presentará o seu novo traballo “Xabón Lagarta”.

ACTIVIDADES PARALELAS

Ademais dos concertos, o festival contará con outras actividades por concretar pero avánzase que haberá obradoiros, mostras e a atractiva Batalla de Grupos 13R, que se celebrará o 16 de xullo.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...