IniciosociedadeEn marcha o Viveiro de Empresas do Concello de Monforte

En marcha o Viveiro de Empresas do Concello de Monforte

O Viveiro de Empresas ubícase no Polígono industrial do Reboredo, coa oferta de 5 oficinas dotadas dos equipamentos necesarios para que as empresas que as soliciten poidan iniciar os seus proxectos de negocio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A partir deste mércores, 29 de xuño, ábrese o prazo para que as empresas interesadas en optar a un dos 5 espazos que o Concello ofertará no novo Viveiro de Empresas municipal poidan cursar as súas solicitudes. O prazo estará aberto ata o 29 de agosto de 2022. O prazo de resolución será de dous meses unha vez finalizado o prazo de solicitudes e terán que poñer en marcha as súas empresas no período máximo de 3 meses dende a notificación da concesión do acollemento no Viveiro.

“Poñemos en marcha este Viveiro de Empresas, co obxectivo de favorecer a implantación de iniciativas empresariais no Polígono industrial do Reboredo, e de contribuír á creación e posta en marcha de novas iniciativas económicas que potencien e diversifiquen o tecido empresarial e a xeración de emprego na nosa cidade”, dixo o alcalde.

Este novo Viveiro de Empresas ubícase no Polígono Industrial do Reboredo, froito das obras de reforma que o Concello monfortino levou a cabo dende o mes de outubro de 2021 nunha nave propiedade municipal e para o que contou coa colaboración da Xunta.

Para axudar a que novos empresarios inicien os seus proxectos de negocio, o uso do local é gratuíto, o único coste que terán que asumir as empresas será o dos subministros e consumos propios do local e a parte proporcional do coste do espazos de usos comúns, e dicir, os custes de internet, telefonía, ou os gastos de limpeza.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro do Concello ou por calquera dos medios e formas previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.

As instalacións van dirixidas a aquelas empresas constituídas en menos de seis meses dende a solicitude de acollemento ou ben aquelas que aínda non se constituíran pero que prevén facelo no prazo máximo de tres meses dende a resolución de acollemento. As empresas deberán ter domicilio social e fiscal no Concello de Monforte de Lemos, contar cun plan de empresa e desenvolver actividades empresariais do sector industrial.

O Contrato de duración será de 12 meses prorrogables por outros 12, e en ningún caso se lles admitirá as empresas unha estancia superior a tres anos, incluída a prórroga. As empresas que finalmente sexan escollidas, terán que subscribir unha póliza de responsabilidade civil e danos ó edificio e ás instalacións por importe non inferior a 300.000 euros, así como depositar unha garantía por importe de 200 euros.

Poderán solicitar más información na Oficina de Promoción Económica do Concello ou no número de teléfono 982884775.

Acondicionamento da nave para a creación dun Viveiro Industrial de Empresas

A obra contou cun orzamento de 239.192,41 euros e executouno a empresa Construcciones y Obras Taboada y Ramos S.L.U. Acondicionouse unha zona 216 m2, repartidos en dúas plantas, destinada a oficinas e servizos. Nesta zona realizáronse obras de redistribución de espazos para adecualos á utilización dos mesmos por varias empresas, creando zonas de uso compartido (aseos, sala de xuntas, sala de espera, e outros servizos) e zonas de uso privado para o desenvolvemento das actividades privadas de cada unha das empresas.

Levouse a cabo a adecuación dos distintos locais a normativa vixente en materia de accesibilidade, illamento térmico, illamento acústico e protección fronte ó lume.

O Alcalde concluíu destacando que “dende o Concello seguimos a apostar polo desenvolvemento do Polígono do Reboredo, con esta iniciativa propia que sen dúbida contribuirá á creación de empresas e ó fomento do emprego, que son os obxectivos deste novo Viveiro de Empresas”.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...