HomesociedadeResidencia poética no furancho de Vilachá na segunda fin de semana de...

Residencia poética no furancho de Vilachá na segunda fin de semana de xullo

O Furancho O Currio en colaboración co Concello da Pobra do Brollón organiza unha fin de semana de convivencia entre cinco poetas galegas. Será a segunda fin de semana de xullo e rematará o domingo 10 cun vermú poético aberto ao público.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As poetas participantes, chegadas de varios puntos de Galicia, serán
Noa Moreira, Arancha Nogueira, Nuria Erre Pe, Esme Quiroga e Leti Breijo
. O obxectivo é crear unha situación na que as poetas ollen a parroquia de Vilachá dende a emoción e se inspiren nela para a creación poética.

A Residencia incluirá visitas guiadas realizadas por persoal do Concello nas que as poetas participantes coñecerán lugares destacados na memoria colectiva da parroquia como Os Conventos, o Carballo da Chá, o miradoiro da Capela…

Tamén se buscarán espazos de liberdade máis distendidos. “Trátase de crear o ambiente e deixar que a poesía agrome”, comenta Lucía Pérez, filla de Pedro, colleiteiro fundador do furancho.

O vermú poético

Como acto público está convocado un vermú poético o domingo 10 ás 13:00. O acto terá lugar á sombra das pereiras da Libertaria que foran traídas por Juan Abramo Dios, mestre republicano asasinado no 1936. Participarán as poetas con algún convidado e actuación musical. Tras o vermú o furancho ofrecerá opcións de xantar, para o que é preciso reserva.

ÚLTIMAS

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil...