HomesociedadeArtesanía de Galicia en Bóveda dentro da Feira Outrora

Artesanía de Galicia en Bóveda dentro da Feira Outrora

A Vicepresidencia primeira e consellería de Economía, Industria e Innovación, organiza o evento Artesanía de Galicia en Bóveda, que se vai celebrar no marco da XVIII Feira de Artesanía Outrora, en Rubián, o xoves 14 de xullo, en horario de 11:00 a 21:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo desta iniciativa é contribuír á posta en valor dos oficios artesanais galegos e achegárllelos a todos os públicos – especialmente aos máis pequenos – así como visibilizar a marca Artesanía de Galicia  e potenciar a comercialización deste tipo de produtos.

Os 13 obradoiros da marca Artesanía de Galicia que participarán como expositores da feira están especializados no traballo do coiro, na bixutería, nos esmaltes, na creación de xoguetes, na moda, na xoiería ou no pirogravado. Trátase de Artesanía Enxebre de Valdeorras (O Barco de Valdeorras), Bangus (Ourense), Bisutetoka (Monforte de Lemos), Bolboretas de Coiro (Lugo), Casperlota Atelier (Paderne), Como pez en el agua (Vigo), Enxógate (Quiroga), HC San Rafael Vigo (Vigo), María Aba (Ourense), Milena Colella (Santiago de Compostela), Mimacuir (Taboada), Rappa – Taller (Lugo) e Xabier Artesanal (Pereiro de Aguiar).

No programa de actividades inclúense dous obradoiros abertos para todos os públicos impartidos polos artesáns María José Martínez e José Antonio Carrera, de Vigo, en horario de 11:00 a 14:30 e 16:00 a 21:00 horas. Estes obradoiros son gratuítos e pode participar calquera persoa que se achegue e desexe coñecer as seguintes técnicas artesanais. No obradoiro de Marmolado, os participantes acadarán inesperadas e orixinais formas mediante unha técnica gráfica que consiste en colorear unha folla de papel poñéndoa en contacto con pigmentos non solubles que flotan na auga.

No obradoiro de Creación de Cianotipia, os participantes coñecerán este procedemento fotográfico no que empregando papel de acuarela e un produto químico sensible á luz, exponse directamente ao sol usando negativos de fotografía ou obxectos diversos, obtendo finalmente unha imaxe en diversos tons de azul.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...