IniciosociedadeOs socialistas solicitan "levantar o illamento da veciñanza do Courel", mentres a...

Os socialistas solicitan “levantar o illamento da veciñanza do Courel”, mentres a alcaldesa pídelles que non utilicen aos veciños para cubrirlle as costas ó Goberno de España

"Que deixe de facernos dano porque o único que van conseguir é illarnos porque a xente empeza a anular reservas e actividades contratadas ao pensar que non se pode entrar no Courel", pide a alcaldesa, Lola Castro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaria de Organización Provincial do PSdeG, Pilar García Porto, demanda ao Goberno do PP, “que cumpra e que levante o illamento dos veciños do Courel. Que actúe con toda a celeridade posible para dar solución ós problemas xerados polo derrumbe da estrada LU-651, do Courel a Quiroga; e pedímoslle que ofreza información de xeito continuo e coa máxima transparencia á cidadanía, ós concellos afectados e á Deputación de Lugo”, dixo a dirixente socialista, quen asegurou que a Xunta ía a remolque das demandas que fixo o Partido Socialista.

Remarcou que “a única realidade é que a día de hoxe o goberno do PP na Xunta segue sen explicar que estudos se fixeron e as causas do derrube, segue sen informar das alternativas que manexa para reconstruír a estrada, ninguneando ós veciños, ós concellos e á Deputación”.

Pilar García Porto / PSOE provincia de Lugo

García Porto contrapuxo o traballo que se está realizando dende o Ministerio de Transportes en relación co corte na A-6. “Dende o Goberno Central estase informando con total transparencia á cidadanía, ós sectores afectados e ás administracións, mentres a Xunta, a través da Conselleira Ethel Vázquez, practica o escurantismo”.

García Porto criticou a actitude do Goberno da Xunta e da Conselleira de Infraestruturas diante desta problemática. “En vez de dedicar ós técnicos da Xunta a buscar alternativas coas que intentar boicotear e retrasar as medidas do Goberno do Estado no viaducto da A-6, o Goberno do PP debería dedicalos a traballar para dar solucións, canto antes, a problemas como o da estrada do Courel afundida”.

“Que deixen de utilizar O Courel para as súas liortas políticas cando nunca veñen axudar a nada”, Lola Castro

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, pídelle aos socialistas “Que deixen de utilizar O Courel para as súas liortas políticas cando nunca veñen axudar a nada nin se preocuparon en absoluto do Courel cando se produciu o derrubamento, aínda que se lles pediu, e nin tan sequera teñen limpo de maleza o acceso principal polo que están pasando os vehículos desde entón pese a que as silvas case chegan de un lado a outro”.

“Rógolles que non queiran vir aproveitarse do Courel para combater o problema que teñen na A-6 e que recorden que a Xunta desde o primeiro momento veu ao Courel, ofreceu solucións e estaas executando”. “Tanto é así que onte mesmo avanzaron que o acceso provisional abrirá este mesmo mes”, precisa a rexedora.

“Que deixe de facernos dano porque o único que van conseguir é que de cara a fóra nos ille, porque a xente empeza a anular reservas e actividades contratadas ao pensar que non se pode entrar no Courel. O PSOE non se acorda en absoluto do Courel, ten as súas estradas absolutamente abandonadas e agora queren illarnos máis coas súas declaracións. É intolerable”, conclúe.

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...