HomesociedadeVinigalicia, VI Premio Peme do Ano na provincia

Vinigalicia, VI Premio Peme do Ano na provincia

A empresa chantadina recibiu esta semana o premio promovido pola Cámara de Comercio de Lugo, a Cámara de Comercio de España e o Banco Santander, coa colaboración do Progreso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto de entrega tivo lugar na oficina principal do Santander en Lugo coa presenza do Presidente da Deputación de Lugo e a Alcaldesa da cidade. O certame recoñece o labor das pequenas e medianas empresas que reúnen os valores nos que fan fincapé: creación de emprego, innovación, sustentabilidade e internacionalización. Todas aquela Pemes gañadoras, representarán á súa provincia a nivel nacional no certame que se celebrará no primeiro trimestre do 2023.

Vinigalicia, está presente en máis de 30 países e atópase nun proceso estratéxico de dixitalización, sustentabilidade e incremento da súa presenza tanto nacional como en mercados internacionais, sempre cunha clara vocación de marca galega de referencia. A súa orixe remóntase ao ano 1940 e a día de hoxe é a única adega que está presente nas 5 denominacións de orixe galegas.

ÚLTIMAS

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...