HomesociedadeXXV Feira da Rosca de Sober, 11 e 12 de agosto

XXV Feira da Rosca de Sober, 11 e 12 de agosto

O concello de Sober celebra os días 11 e 12 de agosto a XXV edición da Feira da Rosca, Mel e outros produtos da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta edición participarán 16 postos, 3 rosqueiros, 2 oleiros de Gundvós, 3 postos de mel, 4 postos de queixo, 2 artesáns, a Libraría da Proencia e Cachenas de Pantón.

O xoves, ás 17.00, inaugurarase o IV Túnel do viño de Amandi no que participan 60 referencias de viño de 30 adegas da subzona de Amandi, na D.O. Ribeira Sacra. O túnel do viño estará aberto ata as 20.30 do xoves e de 11.00 a 15.00 o venres. O resto da programación é a seguinte:

Xoves día 11

  • Ás 20.30 horas: FALANDO A MUSICA, con Pablo Carpintero e Rosa Sánchez. Patrocina: Secretaria Xeral de Política Lingüística

Venres día 12

  • Ás 10.00 Disparo de Bombas de Palenque
  • Ás 10,15 Apertura de stands
  • Ás 11.00 Demostración de CESTERÍA TRADICIONAL. Patrocina CENTRAD da Deputación Provincial de Lugo
  • Ás 11.30 ACTUACION do Grupo de Música Tradicional O VENTOSIÑO. Patrocina Area de Cultura da Deputación de Lugo
  • Ás 13.00 DEGUSTACIÓN GRATUITA de 2.000 racións de ROSCA de SOBER con QUEIXO. Colabora: Queixos PRADO.

ÚLTIMAS

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...