IniciosociedadeUn gromo activo de sarna e falta de persoal e medios na...

Un gromo activo de sarna e falta de persoal e medios na DomusVi de Monforte, denuncia CCOO

O sindicato critica a «pasividade» da empresa á hora de afrontar a falta de traballadoras e traballadores, así como de produtos de limpeza e hixiene básicos, pondo en risco a saúde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo CCOO, desde hai máis dun ano falta persoal de enfermaría na quenda de noite. A mesma ausencia prodúcese tamén polo día en diferentes quendas, chegando a haber máis de 48 horas sen presenza efectiva. “Así sucedeu, por exemplo, entre a mañá do pasado venres, 12 de agosto, ata a quenda de mañá do luns 15”, aseguran.

O sindicato lembra que estas ausencias incumpren a lexislación vixente, nomeadamente a orde autonómica que regula as condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención ás persoas maiores. Segundo esta norma, os centros con menos de corenta prazas asistidas deberán contar con presenza localizada de médico e persoal de enfermaría. Nos que o número de prazas for superior, tamén deberán contar con presenza física as 24 horas de persoal de enfermaría. Tamén faltan traballadores e traballadoras en departamentos con atención directa ás persoas residentes, principalmente de xerocultura e limpeza.

Para CCOO, a falta de persoal, amais de representar un risco para
as usuarias e usuarios da residencia, significa un aumento da carga de traballo para o resto de profesionais, co que iso supón de incumprimento dos seus dereitos laborais e de maior risco de padecer doenzas ou
accidentes de traballo.

O sindicato asegura ademais que pode chegar a pasar unha semana sen que haxa produtos desinfectantes na lavandaría do centro. “Comisións xa puxo estas eivas en coñecemento da Xunta de Galicia o pasado mes de xullo. Así mesmo, a raíz do gromo de escabiose, o comité de empresa e o servizo de prevención tiveron unha reunión coa dirección da residencia para esixir medidas urxentes”, conclúen.

ÚLTIMAS

Premio ‘Eduemprende Idea 2023’ para o IES A Pinguela polo proxecto ‘StyleClo’

Un total de seis institutos e centros integrados de FP de Galicia veñen de...

A curta documental “Corre o vento”, rodada no Courel, presente no Festival de Málaga

Corre o vento, da que demos conta o pasado ano no transcurso da súa...

Máis de 2000 euros en premios nos concursos da XX Feira Medieval de Monforte

Tras convocar o pasado mes de xaneiro o Concurso de axudas para a confección...

O Concello de Bóveda ofrécese a facilitar o rexistro de galiñeiros para autoconsumo

Segundo normativa vixente sobre sanidade animal todas as granxas avícolas, incluídas as de autoconsumo...