HomesociedadeVolve o 'Festival do Paradiso'

Volve o ‘Festival do Paradiso’

Tras o parón pandémico retorna este encontro musical alternativo que organiza a entidade monfortina Náufragos do Paradiso. Será o vindeiro 3 de setembro no Parque dos Condes de Monforte dende as 12:00 h. da mañá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Retornamos!, á terceira foi a vencida”, din os Náufragos do Paradiso para lembrar que pasados uns duros anos pandémicos recuperan a organización do ‘Festival do Paradiso’, un evento musical e cultural alternativo que chega este ano á súa novena edición.

Este ano presenta un cartel con 6 grupos musicais de diferentes estilos, apostando pola heteroxeneidade como marca distintiva que os caracteriza.

Apostando polo talento musical local o festival contará coa percusión de Baturruka Monforte, o folk de Cadela Asasina, a música soul dos CoolFlanders e o eclecticismo de Bela Chaos. Os forasteiros do cartel serán as recoñecidas bandas roqueiras Moon Cresta e Recambios Tucho.

Recambios Tucho. Foto Facebook

OUTRAS ACTIVIDADES PARALELAS

O Festival do Paradiso deste ano contará con sesión vermú, un xantar popular, obradoiros e un recital de poesía. Esta última actividade contará cun micro aberto e no que respecta ao obradoiro farase unha formación sobre relacións positivas que correrá a cargo da entidade feminista FEMforte. Este mesmo colectivo poñerá un punto lila mentres dure o festival.

E todo isto de balde, “para que os cartos nunca sexan barreira para pasalo ben”, din dende a organización.

ÚLTIMAS

Novas titulacións e formación para todas as idades na Aula Universitaria da UNED en Monforte

Integrada no Centro Asociado da UNED en Lugo, a Aula Universitaria da UNED en...

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...