HomesociedadeAdxudicado o equipamento para a residencia de Ribas de Sil por máis...

Adxudicado o equipamento para a residencia de Ribas de Sil por máis de 170.000€

A Deputación de Lugo aprobou este venres adxudicar dous dos cinco lotes do contrato de subministro de equipamento para o Centro de Atención a Maiores de Ribas de Sil por máis de 170.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trátase dos lotes 1 e 5, correspondentes ao mobiliario xeral, adxudicado á empresa Industrias Hidráulicas Pardo S.L. por preto de 160.000€, e á cortinaxe, da que se ocupará Suministros Sanitarios SLU cun orzamento de case 13.000€. A subministración realizarase nunha única entrega e nun prazo máximo de dous meses, unha vez asinado o contrato.

Coa adxudicación destes dous lotes, quedan tres para completar o subministro do equipamento necesario para a residencia de Ribas de Sil, que son os correspondentes aos equipos médicos e axudas técnicas; lavandería; e cociña. “Se todo vai sobre o previsto, tamén se adxudicarán nas vindeiras semanas, porque as empresas que presentaron oferta xa están entregando a documentación solicitada polos servizos técnicos da área de Benestar para completar o procedemento e facer efectiva a adxudicación”, explicou Pablo Rivera.

O Deputado lembrou que o investimento total que fai a Deputación para dotar de equipamento ao Centro de Atención a Maiores de Ribas de Sil ascende a preto dos 332.000€. A Deputación segue traballando para crear outras 9 residencias, nos concellos de Guitiriz, A Pontenova, A Pobra do Brollón, Portomarín, Folgoso do Courel, Ourol, Becerreá, Pantón e Cervantes.

Colaboración cos hostaleiros

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou tamén un convenio de colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) por 20.000€ co obxectivo de contribuír ao fomento do asociacionismo no sector turístico e gastronómico, e para o mantemento da sede que o colectivo ten na Ribeira Sacra.

Con esta contía, a APEHL pretende fortalecer unha estrutura de funcionamento que permita mellorar e ampliar a oferta turística desta zona. “O obxectivo é lanzar unha campaña de fomento do asociacionismo entre empresas que prestan servizos turísticos na Ribeira Sacra, e, deste xeito, seguir traballando nesta liña de aproveitar os inmensos recursos da zona para dinamizar o tecido produtivo e, polo tanto, a economía”, concretou o Deputado.

ÚLTIMAS

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...