HomesociedadeAMAFER homenaxea ós 14 ferroviarios xubilados de Monforte neste 2022

AMAFER homenaxea ós 14 ferroviarios xubilados de Monforte neste 2022

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu a homenaxe que a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER) e o Concello de Monforte organizaron no Colexio Ferroviario, para recoñecer a labor de 14 ferroviarios monfortinos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor monfortino estivo acompañado polo presidente da Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), Fermín Avellaneda, o Xerente de RENFE en Galicia, Javier Pérez, o Xefe da área de Recursos Humanos del Noroeste de ADIF, Xoaquín Martínez e a Directora do Colexio Ferroviario, Ényd Fernández. Ademais, tamén estivo presente a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, así coma outros membros da Corporación Municipal.

Este merecido recoñecemento outórgase a aquelas persoas que traballaron no ferrocarril en Monforte, e que superen os 70 anos de idade. Nesta ocasión, foron 14 os homenaxeados.

Neste senso, o Alcalde sinalou que “algúns de vostedes son xubilados de RENFE, outros de ADIF, e sei que algún xubilouse no que era a antiga RENFE. Unha vida que en moitos casos supera os 40 ou os 50 anos de adicación o ferrocarril. A todos vostedes, noraboa pola súa xubilación e grazas polo seu traballo desenvolto a prol do ferrocarril en Monforte”.

José Tomé tamén destacou a importancia que o tren ten e tivo para a cidade: “Dende 1883, a historia de Monforte e a historia do ferrocarril, estiveron intimamente unidas.  De feito, eu diría que hoxe é difícil entender a nosa cidade sen o ferrocarril, pero tamén é difícil entender o ferrocarril en Galicia sen todo o que lle aportou Monforte”.

O recoñecemento expreso do Alcalde ós traballadores homenaxeados materiazouse cando salientou que “como xubilados, son xa a memoria viva daqueles esplendorosos anos, nos que o núcleo ferroviario da cidade do Cabe chegou albergar milleiros de traballadores, dende o século XIX”, ós que lles agradeceu “o traballo que desenvolveron durante a súa vida, porque esta cidade de Monforte construíuse co esforzo de todos vostedes”.

Os 14 homenaxeados foron Antonio Varela Álvarez, Jesús Buján Álvarez, Ramón González Álvarez, Julio Rodríguez Calzada, Emilio González Rodríguez, Abel Bello Guitián, Pablo Antonio González Quiroga, José Álvarez Ovalle, Pedro Rodríguez Buján, Ramón Rodríguez Buján, José Manuel Rodríguez Pérez, José Díaz Rey, Manuel Vázquez Casanova e Manuel Gesto Luaces.

ÚLTIMAS

Ribeira Sacra Next impulsa o emprendemento desde a escola para este curso

Nunha primeira fase do proxecto formarase en metodoxía aos centros de ensino para crear...

Iníciase novo procedemento de contratación do equipamento do ximnasio da Pinguela

A Xunta de Goberno aprobou esta semana, o expediente negociado e sen publicidade para...

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N, é o slogan da campaña que inclúe...

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...