Homesociedade12 persoas participan en Monforte dun obradoiro de costura básica destinado ao...

12 persoas participan en Monforte dun obradoiro de costura básica destinado ao colectivo xitano

O Concello de Monforte, a través do departamento de Servizos Sociais e Igualdade, traballa na inclusión social do colectivo xitano, a través do “Programa de Inclusión Social da poboación de etnia xitana do Concello de Monforte”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro luns, 3 de outubro, e ata o 28 de novembro de 2022, terá lugar a celebración dun Obradoiro de costura básica, cunha duración de 40 horas ó longo de 20 días. Este obradoiro está programado dentro do módulo de “Transición ó emprego”.

 Os horarios, serán, en outubro, os luns, mércores e venres de 10:30-12:30h (12 días), e en novembro, os xoves e venres de 10:30-12:30h (8 días). Nel participarán 12 persoas que recibirán as súas clases na segunda planta do Centro Cívico de Monforte.

Este Programa de Inclusión Social da poboación de etnia xitana do Concello de Monforte inclúe ademais actuacións de apoio á inclusión social básica, apoio á inclusión residencial, transición ó emprego, reforzo socioeducativo de menores e mediación social e/ou intercultural

Este  programa está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo (FSE),  para o período comprendido entre o 1 de xullo de 2021 e o 30 de abril de 2023.

Para máis información acerca deste tipo de programas e accións, poden dirixirse ás oficinas dos Servizos Sociais Municipais, emprazados no primeiro andar do Centro Cívico Social, no Paseo do Malecón s/n de Monforte, ou no teléfono 982416541.

ÚLTIMAS

O ‘Xanela Fest’ dá a coñecer o concello gañador deste 2026

A segunda edición do Xanela FEST xa ten gañador. O Concello de San Sadurniño, representado pola Asociación de...

A veciñanza da Pobra do Brollón volve a concentrarse o 11 de setembro reclamando médicos

Con estas mobilizacións reclámase ás administracións competentes que adopten as medidas necesarias para garantir...

O Concello de Chantada recolle por sexto ano a Categoría Ouro de Praias sen Fume

O alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, recollía en Begonte esta distinción...

COGAMI comeza o curso con formación inclusiva para profesorado e familias

'Red DUActiva: Diversidade, Acción e Transferencia na aula' é unha iniciativa financiada pola Fundación ONCE e...