HomesociedadeA CIG Saúde no Hospital de Monforte demanda solucións ao concello respecto...

A CIG Saúde no Hospital de Monforte demanda solucións ao concello respecto do quitamedos da rúa das Codesas

Por culpa deste peche, que se prioduciu sen previo aviso, o hospital tivo que botar en agosto 35.000 litros de gasoil a un prezo de máis de 35.000 euros, aseguran desde a CIG, "Lembramos que estes cartos son de todos e que se poderían empregar noutras cousas máis necesarias e que de seguir así nin nos queremos imaxinar o custo ao final do ano."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No ano 2013 instálase unha caldeira de biomasa no H.P de Monforte co fin de reducir o consumo e as facturas de electricidade. Un camión de pelets descargaba neste punto sen ningún tipo de problema e conseguindo un gran aforro para o hospital, aseguran desde o sindicato.

“Neste ano 2022 o H.P de Monforte pide permiso ao Concello para facer unhas obras de mellora na parte posterior do hospital co fin de ter unha entrada por esa zona. O permiso é concedido, pero cando o Hospital pide permiso de paso, este é denegado e obrígalle ao hospital a pechar a zona onde se realizaron as obras.” En xuño deste ano o concello coloca o quitamedos que impide que o camión que levaba 9 anos descargando o siga facendo. A administración local aseguroulles que a Confederación Hidrográfica non deixaba retirar o quitamedos, e este peche supón un perxuizo para o Hospital.

A CIG Saúde asegura ter solicitado reunión co rexedor para solucionar este tema, sen ter recibido resposta. Agora volven insistir en conseguir unha solución rápida e piden xuntanza do Concello, a Confederación Hidrográfica e o Sergas, “Instamos ao alcalde de Monforte a que facilite esta reunión a en lugar de poñer paos nas rodas,” conclúen.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...