HomesociedadeO concello de Monforte deféndese das críticas da CIG Saúde sobre o...

O concello de Monforte deféndese das críticas da CIG Saúde sobre o quitamedos que limita a entrada ao Hospital

O concello informa de que a Xunta de Goberno Local na súa sesión celebrada o día 26 de setembro do 2022 adoptou entre outros o acordo de comunicar que o concello seguiu a legalidade nas xestións desenvoltas na contorna do Hospital, non así o Hospital nin o sindicato CIG Saúde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Logo de analizar o escrito da CIG-Saúde, a Xunta de Goberno ve con extrañeza que se fagan afirmacións falsas sobre unha materia que non está dentro do que recolle a Lei de Liberdade Sindical como un cometido propio.

O concello sinala que, o Camiño das Codesás non se atopa dentro do casco urbano, xa que según as Normas Subsidiarias de Planeamento e a sentenza do T.S 2159/2014, esta vía forma parte da zona rústica de Monforte. “Dentro das competencias exclusivas municipais referidas á sinalización e ordenación do tráfico, correspóndelle ó Concello, e neste caso concreto, foi a Policía Municipal nun informe a que recomendou poñer o quitamedos para evitar que persoas ou vehículos puideran caer na canaleta de regadío que se atopa moito máis baixa que a rasante do Camiño,” aseguran.

En relación coa descarga de biomasa que se viña facendo dende o “ano 2013”, sinalan desde o concello, “que cando se fai algo de xeito irregular non consolida ningún dereito, xa que esa actividade nunca foi autorizada polo Concello nin pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Nas Normas Subsidiarias de Planeamento non figura ningunha vía pública de conexión do Camiño das Codesás cos terreos do Hospital, xa que conta con dúas saídas autorizadas para a entrada e saída de vehículos cara a rúa Corredoira e outra saída peonil cara o Camiño das Codesás.”

Segundo o concello, na licenza que concedeu o Concello para o silo da biomasa, só figura a autorización da obra, non figura un novo acceso. Sobre todo elo aseguran que poden solicitar copar á dirección do Hospital.

Este acordo da Xunta de Goberno, pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, ante o órgano que ditou a resolución.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...