HomesociedadeChantada, o mellor concello en baixada de paro en setembro

Chantada, o mellor concello en baixada de paro en setembro

Rexistrou 21 persoas desempregadas menos, sendo o concello onde máis baixou o paro de toda a provincia. Na parte negativa situouse Monforte ao aumentar en 47 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CC. OO. Lugo vén de comunicar os datos de desemprego do mes de setembro e valora especialmente os do concello de Chantada, onde se contabilizaron 21 persoas menos. Estos rexistros sitúano ademais como o municipio onde máis baixou de toda a provincia.

Na Comarca de Lemos, dous casos de cara e cruz. O Concello de Monforte aumentou o paro en 47 persoas mentres que o Concello de Bóveda restou 10 persoas ás listas de persoas que buscan traballo. Segundo o sindicato informante os bos datos de Bóveda poden deberse “ao impulso do seu polígono industrial”.

DATOS DESAGREGADOS POR COMARCAS E CONCELLOS

COMARCA DE LEMOS: 1374 desempregados/as (+16)

Concello de Monforte de Lemos: 1007 (+47), Concello de Bóveda: 40 (-10), O Saviñao 119 (-7), A Pobra do Brollón: 62 (-1), Sober 67 (-8), Pantón 79 (-5).

COMARCA DE QUIROGA: 252 desempregados/as (+2)

Concello de Quiroga: 163 (-5), Concello de Ribas de Sil: 51 (+8) e Folgoso do Courel: 42 (-1).

COMARCA DE CHANTADA: 496 (-35)

Concello de Chantada: 347 (-21), Concello de Taboada 84 (-2), Concello de Carballedo: 65 (-12).

COMARCA DE SARRIA: 869 (-11)

Concello do Incio: 45 (-4), Concello de Paradela: 17 (-1), Láncara: 84 (-2), O Páramo: 33 (-1), Samos: 32 (+1), Sarria: 639 (-6), Triacastela: 19 (+2).

ÚLTIMAS

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...