HomesociedadeO chantadino Javier Varela traballa xa en ‘Memento Mori’, nova ficción de...

O chantadino Javier Varela traballa xa en ‘Memento Mori’, nova ficción de Amazon Prime

A serie estase rodando en Valladolid e Varela interpretará o papel dun axente da autoridade, será o policía Álvaro Peteira. En traballos recentes salientar a súa participación nos filmes ‘As bestas’, de Rodrigo Sorogoyen; e ‘1618’, producido por Lightbox, no que fai de Felipe III.

Publicado o

- Advertisement -

O actor chantadino Javier Varela non para de traballar e agradece a boa racha que leva neste 2022. Actualmente está rodando en Valladolid ‘Memento mori’, unha serie para Amazon Prime Video na que interpreta a un axente conciliador e afeccionado ás motos. O thriller está producido por Zebra Producións (Grupo iZen) con José Velasco, Sara Fernández-Velasco, Luís Arranz e Marco A. Castelo como produtores executivos. Constará de seis capítulos de 45 minutos é trátase dunha adaptación da primeira entrega da triloxía ‘Versos, canciones y trocitos de carne’, escrita por César Pérez Gellida.

A trama arrinca co asasinato, por parte dun sociópata narcisista, dunha moza ecuatoriana en cuxo corpo atoparon uns versos ameazantes e un dos elementos máis importantes é a comisaría policial onde se tentará descubrir o asasinato. Neste espazo, o axente Álvaro Peteira, conciliador e afeccionado ás motos, constitúe un elemento indispensable. Na serie participan tamén Yon González, no papel de asasino, e Francisco Ortiz como Ramiro Sancho, o policía encargado do caso.

En palabras de Javier Varela, “Peteira é un tipo de policía ao que todos queren no seu equipo porque cae ben a todos e consegue facer piña co resto dos seus compañeiros”.

TRABALLOS RECENTES

Javier Varela é coñecido recentemente na ficción televisiva polos seus papeis en ‘Fariña’, ‘O sabor das margaridas’; e no cinema polos filmes ‘As bestas’, de Rodrigo Sorogoyen, e ‘1618’.

Respecto a estes dous últimos traballos, comentar que na película de Sorogoyen o chantadino encarna a un garda civil encargado da investigación para aclarar as causas do conflito entre os veciños da aldea e o novo veciño francés; e no filme producido por Lightbox e estreado en Portugal e Estados Unidos —‘1618’–, Varela interpreta ao rei Felipe III. Sobre a súa experiencia nesta rodaxe internacional, o actor explica que “preparei o personaxe de Felipe III investigando. Tratei de levalo ao meu terreo. Deu a casualidade de que ambos tiñamos 40 anos e que a el gustáballe o teatro, a pintura e a caza. Excepto no da caza, coincidimos. Non era un rei soberbio. De feito, chamábanlle ‘O Piadoso’. Cando lle falaban, en lugar de responder ao momento, tomábase o seu tempo para reflexionar”.

Javier Varela como Felipe III. Foto cedida polo actor.


ÚLTIMAS

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...