HomesociedadeO alcalde de Quiroga critica a "mala planificación" do Sergas nas vacinacións...

O alcalde de Quiroga critica a “mala planificación” do Sergas nas vacinacións a maiores

Critica que haxa que acudir a Monforte e que non se atenda os problemas do medio rural.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Quiroga, o popular Xulio Álvarez, queixouse este luns da “mala planificación” do Servizo Galego de Saúde (Sergas) na vacinación aos maiores, ao non permitir que se lle inocule nos centros de saúde de cada concello na primeira chamada e, no seu caso, teñan que desprazarse ao hospital de Monforte, a case unha hora de distancia dalgunha parroquia.

Neste contexto, Álvarez destacou que o seu municipio ten “unha cobertura sanitaria envexable”. “Temos unha PAC extraordinario, cun persoal, igualmente, extraordinario”, incidiu.

Dito isto, o rexedor explicou que “Quiroga non é só Quiroga, senón que dá cobertura a outros concellos como son Ribas do Sil e tamén Folgoso do Courel”, que son “municipios de montaña”. “No medio rural temos unha serie de dificultades engadidas, non temos transporte urbano e con iso fáltanos algo que nos impide acceder a uns servizos tan elementais como son as vacinas, sobre todo se se fai con ‘un veña vostede cando lle toque’ ou ‘xa veremos se pode recorrer á repesca’, afeaba.

Xulio Álvarez reiterou que “as persoas da terceira idade que teñen esas limitacións físicas inherentes á propia idade, que viven no medio rural, xa non no semiurbano como é Quiroga, que non hai taxis, que non hai autobuses, que non hai ferrocarril, teñen que queixarse porque queren calidade de vida e esa calidade de vida dálla a saúde“.

“Que por outra banda temos un sistema sanitario de luxo pero con fallos e, evidentemente, este é un fallo de mala planificación”, protestou. O alcalde de Quiroga apresurouse en subliñar que el se limita a ser “un altofalante” das queixas dos seus veciños, á vez que lembrou que no seu concello “máis do 50 por cento dos veciños son da terceira idade”.

ÚLTIMAS

Comeza o pase de primavera do ‘Vendaval’, mostra de cinema portugués na Ribeira Sacra

O Vendaval desta edición de primavera 2026, estenderá o seu programa dende o 23 ao...

Castro Caldelas acolle a VIII Spain Backyard Ultra

Esta fin de semana, o tempo deterase en Castro de Caldelas para enxalzar o...

Graduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela

A exalumna de Humanidades Sandra Piñeiro Pedreira, premio extraordinario de Licenciatura en Historia e...

Este 22 de maio preséntase na casa da cultura de Quiroga o libro “A aira dos ventos”

“A Aira dos Ventos” vén sendo unha peza teatral de 70 pp. Editada por...