HomesociedadeGourmet Gallego, a empresa de Sober que fai a compra online máis...

Gourmet Gallego, a empresa de Sober que fai a compra online máis doada para as persoas maiores

O pasado mércores presentou en Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, o seu formato de venta híbrida que bautizaron como ‘El Sibarita Digital’.

Publicado o

- Advertisement -

Gourmet Gallego é unha tenda de produtos gourmet de orixe galega que viu a luz o pasado 2020. Ao fronte do negocio está un matrimonio galego, Manuel Fernández e Sara, que tras vivir en diferentes lugares do estado volveron á súa terra empuxados pola morriña.

Segundo indican na súa web para eles comer “non é só unha necesidade básica, é unha experiencia para os sentidos e unha homenaxe en cada mordedela ao amor que sentimos por Galicia”. E sabendo da materia prima de calidade que hai aquí pensaron en facer chegar todo este tesouro gastronómico que temos a todo o mundo a través da venda directa e da venda online. Para acadar esa excelencia seleccionan un a un os provedores tras coñecer as súas instalacións e os produtos de máis calidade e máis representativos da nosa terra. En resumidas contas, o obxectivo de Gourmet Gallego é ofrecer o mellor da gastronomía galega  dende Sober, no corazón da Ribeira Sacra, reivindicando a calidade do tradicional e do artesanal poñendo de paso en valor a gandería e a agricultura galegas.

PRESENZA EN XANTAR

Gourmet Gallego está presente estes días en Xantar, o salón internacional de turismo gastronómico que se celebra en Expourense do 9 ao 13 de novembro.

O pasado mércores, primeiro día da mostra, Manuel Fernández, un dos piares do negocio, presentou un novo formato de venda híbrida ao que bautizaron como “El Sibarita Digital” no contexto do ‘Encontro de Bloggers de Xantar’.

Encontro de Bloggers de Xantar. Foto: Prensa Expourense.

El Sibarita Digital é un novidoso método de transacción que consiste na venda híbrida de produtos gourmet a través dunha experiencia que se achega moito á compra nun establecemento real. Trátase dunha experiencia de compra-venda virtual pero moi próxima á vivencia que se podería ter na tenda física.

O obxectivo é facer máis doada e dotar de maior confianza a compra a través do que denominan como “práctica de ti a ti”, asesorando ás persoas interesadas en coñecer os produtos para despois mercalos.

A persoa interesada en comprar algún produto ten que reservar unha cita para que despois Sara, o outro puntal de Gourmet Gallego, asesore a ese potencial cliente en función das súas necesidades e preferencias.

Este asesoramento previo a través de videochamada crea confianza e ofrece un asesoramento que na compra online habitual non chega do mesmo xeito, sempre é máis fría e quizais incluso leva máis tempo para poder informarse ben de cada produto. Ao mesmo tempo, este método axuda a romper a barreira da fenda dixital das persoas maiores facéndolles a compra máis doada e segura.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...