IniciosociedadeCurso de autodefensa para mulleres en Monforte co gallo do 25N

Curso de autodefensa para mulleres en Monforte co gallo do 25N

Este martes, a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, participou na primeira sesión do Curso de Autodefensa para mulleres ante situacións violentas que o CIM ten programadas dentro do conxunto de actividades que está levando a cabo nestas datas co gallo do 25N “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo deste Curso é dotar as mulleres de ferramentas para a súa defensa persoal e auto capacidades para a prevención de situacións de violencia de xénero, estará impartido por persoal instrutor de Fegaloita cualificado con experiencia en técnicas de intervención na violencia de xénero.

A seguinte sesión, para a que non quedan xa prazas libres, levarase a cabo no Centro Cívico Social de 16:00 a 20:00 h o próximo martes 29 de novembro.

A actividade pretende ser un instrumento de formación que comprenda un conxunto de coñecementos, actitudes, pautas e técnicas físicas que permitan prever, avaliar e actuar ante situacións de ameazas, riscos ou agresións. Non se quere ensinar a pelexar. O fin é poder escapar desas situacións ilesas ou co menor dano posible, para despois utilizar as vías legais de protección e denuncia.

Trataranse aspectos legais, psicolóxicos, estratéxicos, físicos e por suposto de prevención, xa que se entende que esta última é a que pode evitar nun momento determinado que chegue a producirse a agresión (recomendacións en portais, garaxes, vehículos, na rúa, …..). Tamén se amosará material de defensa do que se dispón hoxe en día para a autoprotección.

Esta actividade enmárcase dentro das actuacións que a Secretaría Xeral de Igualdade ofrece aos municipios adheridos a Rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...