HomesociedadeComeza a recuperación da ponte medieval do Castelo en Quiroga

Comeza a recuperación da ponte medieval do Castelo en Quiroga

Comezaron as obras de recuperación da ponte medieval do Castelo que forma parte do Camiño de Inverno e tamén da Ruta da Encomenda. A infraestrutura está sendo remodelada cunha axuda de máis de 32.000€ (32.145 €) do Plan de Sustentabilidade da Ribeira Sacra do Consorcio de Turismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ponte, situada no Camiño de Inverno (moi preto do Castelo dos Novais) sobre o rio Castelo das Eiras, aínda que presentaba un estado de conservación aceptable en canto á conformidade estrutural e morfolóxica -deteriorada polo paso do tempo-, perdera a protección das beiras.

O pavimento presentaba deterioración polo que se reconstruirán  45 m2 de pavimento da ponte a base de canto rodado con morteiro en seco, respectando o existente. Esta é a parte na que se está traballando nestes momentos.

Polos vestixios aínda existentes sábese que  esta ponte de orixe medieval, tiña un peto de protección nas beiras (de  75 cm de alto e 50 cm de espesor) para evitar caer o baleiro, realizado en cachotería a base de lousa. Este muro de protección é o que se recuperará respectando os vestixios existentes. Rematarase a recuperación coa limpeza da pedra e a recuperación da contorna retirando vexetación invasiva do contorna da ponte e da propia obra.

A ponte que forma parte do camiño de entrada a Galicia seguindo o curso do río Sil, hoxe Camiño de Inverno a Compostela, foi realizada con fábrica de xisto. Consta dun van e arco central dun solo punto, cunha altura de 8 m.  ancho de 3.75 m. e unha lonxitude de máis de 15 m.

       

ÚLTIMAS

Degustacións e viño para celebrar a campaña ‘Quere o teu mercado’ na Praza de Abastos de Monforte

O Concello de Monforte súmase un ano máis a campaña internacional Quere o teu...

Case unha vintena de grupos nos Trece Roeis Fest que se celebra os días 20 e 21 de xuño en Pantón

A programación do Festival desenvolverase os días 20 e 21 de xuño, cunha selección...

O Concello de Chantada amplía un 83% a capacidade de recollida do punto limpo

Estas subvencións teñen carácter plurianual, cada 4 anos, rematando neste 2025. Neste tempo adquiriuse...

O BNG denuncia o intento de intimidación da Demarcación de Estradas ante a campaña nacionalista reclamando o arranxo da N-540

A formación nacionalista considera que esta reacción constitúe un intento de veto político fronte...