HomesociedadeMelloras na accesibilidade ao Centro Sociocultural de Bóveda

Melloras na accesibilidade ao Centro Sociocultural de Bóveda

A actuación enmárcase no impulso do Goberno galego á participación sen barreiras nas manifestacións culturais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou o martes 13 de decembro o Centro Sociocultural de Bóveda, cuxa accesibilidade acaba de mellorar a Xunta de Galicia. Esta actuación é unha das máis de 40 beneficiarias no programa de axudas do Goberno galego para mellorar o equipamento das instalacións e locais dos concellos destinados a actividades culturais cun investimento de 500.000 euros.

No caso de Bóveda, a Xunta financiou nun 72% a obra de mellora da accesibilidade, cunha axuda total de 24.000€. En concreto, a actuación supuxo a eliminación dun bordo de beirarrúa que dificultaba o acceso e a saída, así como a renovación da porta principal incorporando medidas axeitadas para que sexa máis manexable. Así mesmo adaptouse o acceso ao escenario coa instalación dunha plataforma elevadora portátil con capacidade para 300 quilogramos e fixéronse os cambios precisos para acadar un aseo plenamente adaptado.

OUTROS EQUIPAMENTOS CULTURAIS BENEFICIADOS

Ao abeiro destas axudas, a Xunta inxecta 162.463 euros na mellora dos equipamentos culturais da provincia de Lugo aos que, ademais de Bóveda, súmanse no sur de Lugo os concellos do Saviñao, Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Caurel; e na Comarca de Sarria, Samos e Sarria.

ÚLTIMAS

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...

Monforte licita o PXOM por 859.100€ e un prazo de execución de 60 meses

Co envío do anuncio de licitación ábrese o procedemento de contratación e o prazo...

O CCU de Monforte avanza na súa continuidade ao coñecer a posibilidade dunha candidatura á directiva

O interese expresado durante a asemblea, xunto co trasladado por teléfono por outros socios,...