HomesociedadeCampamento de conciliación para este Nadal en Bóveda

Campamento de conciliación para este Nadal en Bóveda

O Concello de Bóveda dá a coñecer parte das súas propostas para este Nadal, entre as que se atopa un campamento de conciliación e a visita dos Reis Magos o día 5 de xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O campamento infantil de conciliación, que ten o prazo de inscrición aberto ata o 19 de decembro, desenvolverase entre os días 23 de decembro e 4 de xaneiro en horario de 09:30 a 13:30 horas. Destínase a nenos e nenas do concello de entre 6 e 12 anos e terá lugar de luns a venres.

A visita dos Reis Magos será no Centro Sociocultural de Bóveda o día 5 de xaneiro a partir das 17:00 horas. Os Reis Magos acudirán con agasallos para todos, previa inscrición antes do 3 de xaneiro.

A maiores, o Centro Sociocultural de Bóveda acolle este venres, 16 de decembro, ás 11:30 horas o acto de presentación e entrega de ‘Libros de Vida’, escritos polos usuarios e usuarias da residencia Domus Vi da localidade.

O sábado, 17 de decembro, ás 18:00 horas Xosé M. Casar presenta no Centro Sociocultural de Bóveda o seu libro de poesía ‘Pretiño do Mao’ e ás 19:00 horas Falcatrueiros Teatro pon en escena a comedia para todos os públicos ‘O clowncertazo’.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...