HomesociedadePrograma de Nadal do Concello de Quiroga

Programa de Nadal do Concello de Quiroga

O pasado sábado 17 celebrou o tradicional 'Festival de Nadal' e o 18 unha 'Exhibición de baile moderno' quedando por diante datas con actividades para toda a veciñanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Auditorio Municipal acolleu o pasado sábado 17 de decembro o ‘Festival de Nadal’ no que houbo varias actuacións: Banda de Gaitas San Martiño, Coral Polifónica de Quiroga e alumnas/os de guitarra e piano, e entrega de premios polos concursos de poesía de postais. O día seguinte, domingo 18, houbo unha exhibición de baile moderno organizado pola ANPA CEIP de Quiroga.

O xoves 22 a Casa da Cultura acollerá unha presentación literaria ás 19:00 h., concretamente darase a coñecer o novo libro de Xerardo Rodríguez Arias, veciño de Bendollo: “Bendollo sempre na memoria, crónica urxente dun mundo que esmorece”. Este mesmo día tamén se fará un convite aos socios do Centro Social.

Para o 23 queda a visita de Papá Noel polas rúas de Quiroga, para o 26 un ‘Encontro interxeracional’ no Centro de Atención Temperá e para o 30 unha actuación para público familiar: “Saga de Flin Havardr”, monicreques a cargo de Trécola Produccións.

DEPORTES, INCHABLES E CABALGATA

Do 26 ao 29 desenvolverase o ‘Torneo de Fútbol Sala de Nadal’ e o 31 para rematar o ano terá lugar a IX Carreira-Andaina “San Silvestre Solidaria”.

Os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 2023 haberá unha Festa Infantil de Nadal con inchables no Pavillón Municipal de 16:00 a 20:00 h. e o 5 celebrarase a tradicional Cabalgata de Reis.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...