HomesociedadeQueserías Sarrianas recibiu en 10 anos case 2,3 M€ en axudas para...

Queserías Sarrianas recibiu en 10 anos case 2,3 M€ en axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou este martes as instalacións da empresa Queserías Sarrianas, beneficiaria das axudas para a transformación e a comercialización de produtos agrarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nos últimos dez anos, Queserías Sarrianas recibiu preto de 2,3 millóns de euros destas axudas, sendo a última achega concedida de máis de 475.000 euros na convocatoria de 2022. O director xeral subliñou que a Consellería do Medio Rural vén de resolver a convocatoria de 2022, adxudicando achegas por un importe de 36,72 millóns de euros, o que supón un incremento do 40% do orzamento anual habitual. De feito, destacou que houbo 81 solicitudes aprobadas, catro das cales acadaron o límite máximo de tres millóns de euros en axudas por beneficiario.

Ademais, o director xeral indicou que case a metade do orzamento foi asignado a empresas da provincia de Lugo, seguida pola Coruña (33%), Pontevedra (10%) e Ourense (10%). Por sectores, os máis beneficiados foron o lácteo, con case a metade do orzamento, seguido polo cárnico (25%), a alimentación animal (9%) e outro sectores (mel, aceite, ovos, castañas, froitas, hortalizas, etc.).

A maior parte das axudas (87%) destínanse a proxectos en zonas de montaña ou con baixa densidade de poboación. Así mesmo, a maioría do orzamento destínase a proxectos promovidos por produtores agrarios ou por empresas participadas por estes (57%).

Axudas plurianuais

Estas achegas teñen carácter plurianual para facilitar a execución de proxectos de gran investimento e cobren actuacións como a construción, adquisición e mellora de bens inmobles, así como a compra de terreos ata un valor inferior ao 10% do total dos gastos subvencionables. Tamén serven para sufragar a compra de maquinaria e equipamentos novos, a adquisición de programas informáticos e de patentes ou licenzas relacionadas cos procesos produtivos.

Queserías Sarrianas visita Balseiros / Consellería Medio Rural

O fin último destas achegas, indicou o director xeral, é crear novas industrias agroalimentarias ou mellorar as xa existentes. De feito, no vindeiro período 2023-2027 da PAC está previsto o mantemento das axudas ás industrias agroalimentarias, co fin de fortalecer o peso do sector industrial no agro galego.

A orde busca incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios. No caso das subvencións, consisten en axudas para a execución deses proxectos, mentres as garantías para préstamos son garantías do 80% do risco inherente a cada empréstito formalizado destinado a financiar os investimentos.

Como novidade, a convocatoria deste 2022 apoiaba ás asociacións de produtores que se unisen para levar a cabo investimentos en común. Así, concedíaselles a máxima puntuación no apartado de beneficio a produtores dos criterios de valoración ás cooperativas agrarias galegas ou ás sociedades participadas maioritariamente (máis do 50%) por cooperativas agrarias galegas ou por asociacións e organizacións de produtores da nosa comunidade. 

ÚLTIMAS

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...