HomesociedadeO concello de Sarria adxudica en 780.000€ o abastecemento de auga que...

O concello de Sarria adxudica en 780.000€ o abastecemento de auga que beneficiará a 1000 veciños

A Xunta de Goberno Local de Sarria aprobou este xoves nunha sesión extraordinaria e urxente a contratación de obras de ampliación da rede de abastecemento de agua e de mellora da rede viaria cun investimento global de preto de 1,2 millóns de euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A empresa Manuel Novoa Castro será a encargada de acometer a ampliación da rede de abastecemento de agua a catro zonas do municipio por un importe de 780.290 euros, beneficiando a cerca dun milleiro de veciños. Ditas zonas son: Treilán-Betote, Vilaesteba-A Pena, Santa María de Vilar-A Rañoá-Vilapedre e zona do Mazadoiro-Residencia de Anciáns.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local adxudicou en 401.000 euros a mellora de catro pistas coa dotación de aglomerado en quente. A empresa Ovisa acometerá as obras en tres viais: acceso a Barbadelo desde a estrada LU-P-5709 na Serra; acceso a Cedrón desde a estrada LU-P-5713 por Piñeira; e acceso a Vilerma desde a estrada LU-633. A cuarta obra, o acceso a Peruscallo na parroquia de Belante, foi adxudicada á empresa Bascuas.

Finalmente, tamén se contratou a reposición do firme na ponte do Toleiro debido ao mal estado actual. Esta actuación realizarase nos vindeiros días

ÚLTIMAS

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...